A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta de Galicia financiará o 60% que terían que asumir as entidades locais, un total de 1,7 millóns
A agrupación de 10 concellos “Futuro Verde Alto Támega”, integrada polos da comarca de Monterrei, A Gudiña e A Mezquita, viu onte ratificado o respaldo económico por parte da Xunta para o seu plan de investimentos para a mellora do ciclo da auga, tras ver confirmado outra achega da Deputación nun encontro a semana pasada.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse este mércores con representantes municipais de tódolos concellos, agás os de Castrelo do Val e Verín, que non puideron acudir, para avanzar na definición desta colaboración, na que a Xunta achegará o 60% do custo que lles correspondía asumir, algo máis de 1,7 millóns de euros.
Esta inxección económica súmase a un orzamento global de 7,3 millóns de fondos europeos Feder concedidos en outubro polo Goberno á agrupación liderada por Verín. O obxectivo dos proxectos é a mellora das infraestruturas do ciclo integral da auga dos municipios da conca hidrográfica do Támega, con actuacións específicas nas redes de saneamento, depuración e abastecemento de auga potable para a veciñanza.
Convenios individuais
No encontro, analizouse a fórmula xurídica máis axeitada para transferir os fondos, como establecer convenios individuais con cada entidade local. A conselleira salientou a necesidade de axilizar os trámites e instou aos concellos a remitir os proxectos a Augas de Galicia. O organismo autonómico deberá verificar que as obras cumpren os requisitos técnicos e legais para garantir a súa execución, xa que tódalas intervencións deben estar rematadas e xustificadas antes do fin de 2029.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima