ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
ABASTECEMENTO E SANEAMENTO
O Parador de Verín acolleu este martes unha reunión clave para o desenvolvemento do proxecto de mellora do ciclo de auga no que están involucrados os oito concellos da comarca de Monterrei máis A Gudiña e A Mezquita.
Os alcaldes reuníronse coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, así como coa presidenta da Confederación Hidrográfica del Duero (CHD), María Jesús Lafuente, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira.
Este encontro produciurse tras acadar a agrupación “Futuro Verde Alto Támega” 4,3 millóns de fondos europeos Feder na convocatoria do Plan Edil do Goberno, o 60% dun investimento total de 7,3 millóns para a modernización do abastecemento e saneamento.
Vázquez reafirmou o apoio económico da Xunta aos concellos do Douro para impulsar a mellora do servizo de depuración de augas da contorna. En todo caso, precisou que, como primeiro paso, haberá que desenvolver os proxectos pertinentes, agardar á resolución definitiva da axuda europea e, a partir de aí, facer as cuantificacións e planificar as anualidades necesarias para levar a cabo os traballos.
Pola súa banda, Lafuente mostró o “interés” da CHD na depuración do Támega e amosou vontade para retomar un convenio entre as institucións.
Gerardo Seoane, alcalde de Verín, vila que encabeza o proxecto, asegurou tralo encontro que a Xunta ratificou o seu compromiso do pasado maio de achegar “o 60% do importe que debemos realizar os concellos, un total de 1,7 millóns, e falaremos coa Deputación para ver se aporta o restante”.
Respecto das conversas coa CHD, ademais de comprometerse a limpar “regatos e carrouchos”, refarase o convenio para “traer auga do encoro das Portas, coa implicación do Goberno e doutras institucións como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?