A XXVII Feira do Pemento de Oímbra contará cun concerto de Luar na Lubre
FERIA GASTRONÓMICA
Este vindeiro domingo, 4 de agosto, o concello de Oímbra volverá presumir do produto estrela da súa horta, o pemento oimbrao con Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.)
Para tal fin, o Concello liderado pola popular Ana Villarino ten preparada unha extensa programación, con diversas actividades para tódolos públicos e que se estenderán ao longo de todo o día.
De entre todos os eventos previstos destaca de xeito salientable o concerto, totalmente de balde, da emblemática banda de folk galego Luar na Lubre. A banda máis internacional de Galicia actuará ás 21,00 horas, e porá o peche perfecto a esta xa clásica feira gastronómica.
Os actos do domingo arrancarán ás 12,00 horas coa exposición de pratos de cociña, todos cun elemento común: que o pemento de Oímbra sexa o seu ingrediente principal. Ademais, publicarase un receitario con tódalas preparacións participantes, e anímase aos presentes a recoller o do ano anterior.
Á mesma hora dará inicio á amenización musical do mediodía, e que se estenderá ata as 16,00 horas, e que desta vez correrá a cargo da charanga Fuego.
Tamén se espera que ás 12,00 horas chegue a Oímbra a exposición de coches antigos dos Amigos dos Clásicos de Verín, que estacionarán na Alameda do Concello e permanecerán na localidade ata as 14,30 horas.
Ás 14,00 horas está fixada o tradicional xantar popular, no que se convida a todo o mundo a participar, e no que non faltarán os pementos da I.X.P. Oímbra.
Degustación gratuíta de pementos
Dende o Concello lembran a tódolos veciños e visitantes que se acheguen ata a localidade que poderán desfrutar de degustacións gratuítas de pementos ao longo de todo o día.
Asimesmo, tamén haberá postos diversos nos que se exporá non só o produto local, senón tamén maquinaria agrícola e produtos de artesanía.
E para que a cativada tamén estea entretida, os máis pequenos da casa contarán con inchables totalmente gratis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último