Os Premios do Estatuto reparten 32 galardóns a rapaces ourensáns

CULTURA

A Deputación de Ourense conmemora este certame por quinto ano donde se presentaron 213 traballos de debuxo e redacción escolar

Publicado: 06 abr 2018 - 15:46 Actualizado: 07 abr 2018 - 15:27

Entrega de premios do concurso do Estatuto da Autonomía da Deputación de Ourense

Trinta e dous escolares ourensáns foron galardoados onte nos V Premios "Estatuto de Autonomía" que concede a Deputación, que conmemora "o aniversario da norma institucional básica galega, que regula a nosa convivencia e que tanto nos deu e nos dará no futuro", segundo expresou o presidente provincial, Manuel Baltar.

Ao premio presentáronse 213 traballos de debuxo e redacción escolar, sendo o lema desta edición: "Un territorio coas súas formas tradicionais de convivencia e asentamento".

Trátase do único certame destas características que se convoca en Galicia, no que foron premiados alumnos de Padre Feijoo-Zorelle, O Pino, Miraflores, Castrelo de Miño, Eduardo Ávila Bustillo, San José-Josefinas, Sandiás, Divino Maestro-Franciscanas, Sagrado Corazón do Carballiño e Carmelitas.

No acto, no que tamén participaron o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e a delegada da Xunta, Marisol Díaz, Baltar subliñou que "Galicia non se entende sen Ourense" e resaltou que "non hai ningún concello galego no que se celebre un evento de reivindicación do noso Texto Básico, no cal aparece a palabra Ourense".

Dos traballos presentados, 147 corresponden á modalidade de debuxo ou traballo artístico, de alumnos de Infantil, Primaria e Educación Especial; e 66 á modalidade de redacción de alumnos de ESO, Bacharelato e ciclo medio de FP.

Contenido patrocinado

stats