REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez reuníronse onte no Pazo Provincial coa comisión pola estrada de San Agustín para avaliar posibles liñas de actuación co fin de arranxar as estradas Viana-San Agustín e Sever-Encoro de Pías. Trala xuntanza, o deputado provincial de Cooperación explicou que acordaron que a Deputación de Ourense "colaborará coa comisión nas negociacións coa empresa eléctrica Enel –titular da estrada- para resolver esta vella problemática desa estrada". Así mesmo, Pablo Pérez explicou que na reunión "evidenciamos o firme compromiso do goberno provincial de colaborar económica e tecnicamente na solución desta situación que sofren os veciños de Viana do Bolo".
A comisión pola estrada de San Agustín foi nomeada polo Pleno do Concello de Viana do Bolo e está integrada por representantes de tres forzas políticas: en representación do PP, Ramona García; en representación do BNG, Manuel Diéguez; e en representación do PSOE, Santiago Barja. Dita comisión leva máis dun ano reclamando o arranxo dunha vía de titularidade privada, pola que discorren arredor de 900 persoas todos os días, incluso autobuses escolares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
OFERTA RÉCORD A NIVEL ESTATAL
El CHUO gana seis plazas MIR, Ourense llegará a las 57 el año que viene
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto