MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CULTURA
A Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo colaborará coas fundacións Vicente Risco e Otero Pedrayo. A alianza busca dar a coñecer os tres escritores e pensadores, figuras centrais nas súas respectivas culturas, no ámbito galego e lusófono, tal e como avanzaron fontes universitarias.
O Campus de Ourense acolleu onte a presentación desta colaboración. Susana Reboreda, vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo, salientou que esta iniciativa “potenciará” a cooperación xa existente entre as entidades. Ao mesmo tempo, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense, puxo en valor a “importancia” da colaboración institucional para “multiplicar resultados”.
Os convenios contemplan unha colaboración en materias como a organización de actividades de divulgación das figuras e das obras de Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e o fillo deste, Antón Risco, nos espazos lusófonos; así como de José Saramago en Galicia. Fontes universitarias enumeran accións coma o desenvolvemento de proxectos de investigación e apoio a persoal investigador ou alumnado, así como o intercambio de publicacións e a colaboración en todo tipo de proxectos culturais.
No caso do convenio coa Fundación Otero Pedrayo tamén se inclúen actividades como a realización, promoción e divulgación de traducións ao portugués da súa obra. Para comezar, publicarase en Portugal unha interpretación da obra Arredor de si que efectuou Felipe Domínguez Presa.
Por outra banda, o acordo coa Fundación Vicente Risco contempla a promoción e divulgación da figura e obra tanto del como de Antón Risco no Brasil. Con esta fin aproveitarase a conexión da cátedra coa Universidade Feevale do país sudamericano.
Celia Pereira, presidenta desta última fundación, indicou que a sinatura dos convenios “é un exemplo práctico do que para nós significa manter vivo o legado da Xeración Nós”. Deste xeito, destacou os vencellos dos membros deste emblemático grupo literario coa veciña nación lusa.
José Eduardo López, presidente da Fundación Otero Pedrayo, agradeceu á Universidade que con iniciativas coma esta “sirva de ponte” para unir dúas culturas, a galega e a lusófona. Por último, José María Gómez, en representación da Cátedra Saramago que preside Burghard Baltrusch, lembrou que un dos obxectivos que persegue é “o achegamento entre a cultura galega, a portuguesa, a brasileira e as africanas”.
A Cátedra Saramago naceu en 2015 a raíz dun protocolo de cooperación entre a UVigo e a Fundação José Saramago. O seu obxectivo xeral é o estudo e difusión da obra e do pensamento de José Saramago (1922-2010), o primeiro autor lusófono en recibir o Nobel de Literatura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
MÁS DE 20 CRÍMENES
Vídeo | Detenido en Sitges uno de los fugitivos más buscados en Suecia
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"