SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle desde onte a exposición “Afonso X e Galicia”. Nela faise un percorrido por unha das figuras máis relevantes da cultura europea a través de documentos e testemuñas arqueolóxicas, literarias e musicais que amosan a súa pegada na cultura galega no medievo. No acto de inauguración, celebrado onte, participaron o presidente da Deputación, Manuel Baltar; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; os comisarios da exposición, Antoni Rosell e Afonso Vázquez Monxardín, e a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, Sandra Quintas.
E, sendo esta unha mostra moi vencellada á arte sonora, nas salas do centro cultural soa xa a música tradicional das frautas traveseiras e das violas. Nas súas vitrinas, expóñense diversos instrumentos medievais, coma a rota, de forma triangular, e neste caso reconstruída tomando como referencia o pórtico do Paraíso da catedral ourensá. Así mesmo, está presente o organistro, instrumento tamén medieval que se toca coa axuda dunha manivela, e que evolucionaría cara á zanfona coa contribución de cegos e mendigos. A mostra reivindica ao oído como sentido más necesario, ao ser vehículo para o entendemento do home.
Manuel Baltar agradeceu a iniciativa do Consello da Cultura Galega coa mostra, na que tamén participa a Deputación, e que permitirá comprobar “o inxente traballo cultural do Rei Sabio, que levou á maior cualificación á lingua galega tanto na lírica profana como relixiosa na Idade Media, e que contemplou o plurilingüismo como un elemento esencial da cultura”. Nesta liña, felicitou e destacou o labor dos comisarios cunha expresa mención “a outro Afonso, Vázquez Monxardín, que moi acertadamente completou esa visión ourensá”. Foi el o encargado de efectuar un “xiro auriense”. “A relación de Afonso X coa provincia queda demostrada coa composición de pezas como o poema adicado á virxe de Reza”, explicou.
O outro comisario, Antoni Rosell, destacou a vixencia do patrimonio termal da provincia máis aló dos séculos. “Xa desde a Idade Media a xente acudía a elas a curarse e socializar. A novela Flamenca (de autor anónimo), na que se baseou Rosalía para ‘El mal Querer’, ocorre nuns baños termais”.
Sandra Quintas, xefa territorial en Ourense da Consellería de Cultura e Turismo, representou a Xunta no acto e desexou que a mostra se convirta na “exposición da esperanza” agora que remata o Estado de Alarma.
Para Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, deuse unha “ocasión excepcional, por ser este un Ano Santo que nos recorda o vínculo especial que Galicia, unha Xerusalén de Occidente, tivo co mundo a través do Camiño”. Engadiu como Afonso X foi “chamado con xustiza o sabio, pero podería ser tamén O Poeta”. Foi dono dun talento para as cantigas de escarnio do que podería facer bo uso se visitara Galicia ou o Ourense de hoxe. Agora esta exposición recolle “luces e sombras, alegrías e tristezas dun Rei que terminaría sendo deposto”. A mostra fai ademais uso dos avances tecnolóxicos para amosar o valor da obra do pasado. “A pegada de Afonso na Galicia meridional é aínda máis intensa que na do norte”, subliñaron. Esta exposición permanecerá aberta ata mediados de agosto deste ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
PRODUCTO INTERIOR BRUTO
El PIB ourensano crece por encima de la media nacional
INFORME AUTONÓMICO
A Saínza aspira a ser de interés turístico nacional
Lo último
INTEGRACIÓN EN EL RURAL
Rosario Milagros, limeña de corazón, pero verinense de adopción
AUDIENCIA PROVINCIAL
La justicia impide a un maltratador “rebautizar” a su hijo de tres años
La Región
"Mi" Semana Santa 2026
SEMANA SANTA
O San Benito da Uceira, en Sandiás, volveu ve-lo sol