UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Hai seis anos, Alejandro Barros (Ourense, 1993) rematou a carreira de Medicina, fixo as maletas e marchou a Alemaña. Buscaba flexibilidade e un sistema sanitario distinto ao español. En 2020, despois de decatarse de que cada vez eran máis os sanitarios que, coma el, decidiran emigrar, creou unha páxina de Facebook para médicos españois en Alemaña. Esa foi a semente da Asociación de Médicos Españoles en Europa, que agora preside. A entidade, que inclúe tamén a odontólogos, enfermeiros ou fisioterapeutas, conta xa con máis de mil socios, e as consultas de sanitarios con vontade de emigrar non deixan de medrar.
Cambiou o perfil dos profesionais que valoran marchar de España?
Si, moito. No 2020, o grupo predominante eran estudantes de Medicina e alumnos recén graduados sen especialización. Este groso mantense, pero destaca o aumento de especialistas que marchan. É dicir, xente que rematou a formación de Médico Interno Residente (MIR) en España e que agora di: “Non atopo traballo, as condicións que hai son malas, marcho”. E logo tamén hai moitas persoas do mundo hispano, que xa fixeron o MIR, pero que queren marchar a outros países.
Houbo un bum despois da pandemia?
Está claro. Nós estamos desbordados dende hai tempo, é tanta a xente que nos escribe que non temos tempo material para dar resposta a todos. Cada día escríbennos entre 10 e 15 persoas, son moitas. Temos un sistema de apadriñar aos novos socios, pero claro, teremos uns 30 padriños para uns 1.000 socios.
Que países teñen máis demanda?
Os principais son Alemaña, Francia, Bélxica, Suíza, Inglaterra e Suecia. Agora tamén empezan a preguntar bastante por Holanda e Noruega. Ten que ver o que falabamos, os sistemas sanitarios máis flexibles e as mellores condicións laborais.
Cales son os motivos desta fuga de médicos?
Depende do perfil. Se falas con xente nova que está facendo a carreira ou está recén graduada, a razón principal é a flexibilidade. Aquí, ao ser un sistema de oposición constante, non sabes que vai pasar. Queres facer unha especialidade, pero non sabes se o vas conseguir, nin onde, nin as condicións. Alá iso non o tes, en Alemaña funciona con oferta e demanda, e tes moitas probabilidades de facer o que queiras, de seguir formándote…
E no caso dos especialistas?
Aí é máis unha cuestión económica e de condicións laborais. Pero non fai falla que paguen como en Alemaña aquí, con que paguen en relación á túa responsabilidade, eu creo que máis da metade da xente que marcha non o faría. Hai que pensar que son persoas de máis de 35 anos que viven en España, que teñen aquí a súa familia, que non queren marchar.
As administracións españolas fan algo por evitar que marchen?
Non. En xuño estiven nun congreso en Granada, con políticos da Junta de Andalucía. Recoñecen que están poñendo máis diñeiro no sistema público de saúde porque fai falta, e que nun prazo de 20 anos van ter que poñer máis porque vai ser necesario. Xa non chega o diñeiro que están metendo, e sábeno, pero cando lles preguntei que cal é a estratexia para os próximos anos, resulta que non hai. Non hai ningún plan, aquí os políticos non pensan no futuro, pensan no curto prazo.
Como evitar o éxodo?
Primeiro, é preciso flexibilizar a formación. Non pode ser que cada ano queden na rúa ao redor de 2.000 ou 3.000 médicos porque non acceden ao MIR. Son profesionais que quedan sen ningunha opción, sen que ningún goberno lles ofreza algo. E sen unha residencia, practicamente non podes traballar. E logo está o tema económico, aquí ninguén se molla en plantexar un sistema diferente ao público. Creo que se confunde o público co universal, o sistema de Alemaña é dual, público e privado, pero é universal. Alí ninguén queda sen ser atendido no médico, logo xa se verá se paga a aseguradora ou o Estado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último