MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, continuando co seu programa de formación a futuros profesionais do sector hostaleiro, desenvolveu unha sesión didáctica no IES de Vilamarín a un total de 25 alumnos dos ciclos medio e superior de servizos de restauración no día de onte para que se familiaricen e coñezan máis en profundidade as bebidas alcólicas tradicionais de Galicia.
A actividade foi dirixida pola vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, que a dividiu nunha parte teórica e outra práctica. Na primeira, centrouse en explicar as principais funcións do organismo, así como as características distintivas dos augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e as 4 Indicacións Xeográficas que os amparan (I. G. Bagazo de Galicia, I. G. Augardente de Herbas de Galicia, I. G. Licor de Herbas de Galicia e I. G. Licor Café de Galicia).
Na parte práctica, o alumnado puido degustar 8 diferentes destilados. Foron 4 augardentes de Bagazo monovarietais, que degustaron a través da cata de Augardente de Galicia Envellecida, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia. Unha vez máis, o destilado máis popular entre os mozos foi o Licor Café de Galicia. Do mesmo xeito que nos anteriores produtos amparados, a súa calidade reside no coidado da materia prima e, neste caso, do tipo de café utilizado no proceso de elaboración. “Só se permite o uso de café de toste natural”, concretou Sonia Otero. Como é habitual -segundo explican dende o consello-, o destilado máis descoñecido foi o Augardente de Galicia Envellecido, que é o Augardente de Bagazo que permaneceu en barrica de madeira durante polo menos un ano.
Durante a sesión, incidiuse na importancia de coñecer o produto e “buscar as contraetiquetas das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, xa que son as únicas que certifican que estes destilados son 100% galegos”, explicou Otero. Por último, falouse da importancia de entender o produto para elaborar unha boa carta con destilados nos locais de restauración e hostelaría, para poder recomendar mellor ao cliente sen esquecer as posibilidades que ofrecen os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia maridados con sobremesas así como a súa importancia no mundo da coctelería.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%