EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
"Que mágoa”, foi a frase máis repetida pola eurodiputada do BNG, Ana Miranda, nun roteiro realizado onte polo Casco Vello sur, guiada polo candidato á alcaldía do Concello de Ourense, Luís Seara. Nun roteiro dunha hora polo “Ourense tráxico”, cada vinte pasos reiteraba a tristeza que lle producía ver “un potencial tan inmenso tan desaproveitado”. No paseo, ademais de Miranda e Seara, participaron a deputada no Parlamento galego Noa Presas e as integrantes da candidatura Rhut Reza e Sonia Albor.
O roteiro comezou na Praza Maior, e segundo avanzou polas rúas Bispo Carrascosa e Colón, pasando pola rúa da Liberdade e a prazas Manuel Sueiro e Saco e Arce. Estes espazos son un bo exemplo do desleixo que vive a zona histórica da cidade: apenas hai actividade comercial, un só bar e unha galería de arte son os sobreviventes da inacción municipal e da paulatina fuxida de veciños da zona. Ademais, imperan os inmobles abandonados, algúns a medio derrubar. Nun balcón aínda se conservan restos dalgúns testos que xa hai anos que non contén planta algunha. Por suposto, tampouco falta unha boa dose de pintadas, “adornando” fachadas nun entorno “que xa lles gustaría á maioría das cidades europeas”.
Avanzou o paseo pola rúa de Pelaio, onde chama a atención unha fachada sostida por tres puntais. Outro exemplo da fascinación de Miranda é a praza da Liberdade, na rúa do Vilar. “Unha persoa en cadeira de rodas non pode acceder”. Xa de volta, o camiño proseguiu polas antiga cárcere do Progreso e as Burgas antes de chegar á sede do BNG na cidade.
Alí reiterou a súa sorpresa polo grao de abandono, destacando que “a tendencia xeral nas cidades europeas de similares características a Ourense é a de apostar claramente pola rehabilitación das zonas históricas e pola súa posta en valor a través da revitalización e ocupación das vivendas, algo que contribúe a xerar dinamismo económico”. Para exemplificalo, puxo o exemplo da cidade alemá de Baden-Baden, “unha cidade termal coma esta, con menos patrimonio, pero moito mellor implementado”. “Ourense ten un enorme potencial para converterse nunha das cidades de vangarda a nivel europeo no tocante á rehabilitación, mobilidade, turismo e mesmo como cidade verde e sustentábel”, salientou Miranda, que engadiu a necesidade de “ter un alcalde que pete nas portas das institucións europeas”.
Tras o seu paseo pola zona histórica, o líder do BNG na cidade e candidato á alcaldía de Ourense, Luís Seara, expuxo o proxecto de rehabilitación dos nacionalistas para a zona histórica. Seara avanzou que “o obxectivo é a adquisición e rehabilitación de, polo menos, dez inmobles no próximo mandato, cun investimento aproximado de dous millóns de euros para facer vivenda social”. Ademais, estaría enfocado ao alugueiro para a xente moza.
Seara indicou que, na súa viaxe a Bruxelas, “atopámonos con centos de posibilidades de financiamento para o desenvolvemento de proxectos en materia de mobilidade e sostibilidade, pero o que fan falla son proxectos serios”.
Otras das propostas dos nacionalistas son a aprobación do Plan da Zona Histórica antes do 31 de decembro deste ano, “para evitar que as decisións se tomen dende fóra do Concello de Ourense”, e a posta en marcha dunha oficina especializada na captación dos fondos europeos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último