RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
O investigador lembrou a revolución que supuxo o ADN e os problemas éticos que prantexa
O señor de Santa Comba que ten un gran grupo, como así lle gusta autodefinirse ó director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo Carracedo, acercou onte, de forma sinxela e amena, as claves do ADN e, sobre todo, o seu presente e futuro. Da actualidade, Carracedo salientou o que xa empeza a ser unha realidade: a Medicina á carta; sobre todo no que atinxe os tratamentos de cancro. Un campo no que hai que profundizar dado que se foramos quen de analizar o xenoma e saber se un paciente vai responder mal a un determinado fármaco, avanzaríase moito. Os datos avalan esta necesidade: a reacción adversa a fármacos sitúase entre a cuarta e a sexta causa de morte nos países desenvolvidos.
Sen embargo, o reto do futuro neste ámbito é, segundo Carracedo, as análises do compoñente xenético das enfermidades máis comúns, como a diabetes, a artrite ou o cancro. Deste xeito, se puideramos saber os compoñentes xenéticos das enfermidades, poderiamos tratalas mellor, explicou.
Aínda así, Carracedo quixo deixar claro que as enfermidades xenéticas nunca se van poder evitar de forma completa, porque ás veces non son herdadas. O motivo? Non todo está nos xenes. Na intelixencia, na criminalidade... os factores culturais seguramente teñen máis importancia que os xenes. Somos sempre unha mestura de xenética e ambiente e as características físicas hérdanse máis que as conductas. Eso si, ata nas enfermidades ambientais máis puras é importante coñecer o xenoma desde individuo, sobre todo á hora de prantexar o tratamento e os seus posibles resultados.
Así as cousas, o ADN supuxo unha auténtica revolución en moitos ámbitos e prantexa tamén problemas éticos, como pasa en todas as ramas da medicina, matizou Carracedo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
XENTES POPULARES
A forza da transmisión
ENTRE 5 Y 6 METROS DE ALTURA
Muere una persona al caer con su tractor por un terraplén en O Barco