RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
FESTIVAL DE CINE
O OUFF pon en marcha a primeira edición da residencia audiovisual Faíscas. Tres equipos conformados por rapaces que están a iniciarse no mundo audiovisual traballarán na realización dunha curtametraxe ao longo da semana, que se exhibirán o sábado no mesmo lugar. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu onte o encontro entre Óscar Doviso, director artístico do festival, e os participantes. Deste xeito, Doviso foi o encargado de darlles a benvida, desexando que pasen “unha semana intensa e produtiva” ás que denominou “as primeiras faíscas do OUFF”.
As propostas que se desenvolverán son diversas e singulares. “Rúa Nosa”, presentada por Andrea Varela, é unha curta protagonizada por tres mulleres que intentan renomear as rúas de Ourense con nomes de mulleres esquecidas.
“Lúa de sangue”, defendida por Pablo Galdeano, relata a historia de dúas persoas, entre as que destaca unha meiga que vive infiltrada na sociedade actual. Por último, “Anoitecer” é un falso documental arredor dun músico marcado polo fracaso, segundo explicou o portavoz do seu equipo, Rodrigo Chapela.
O coordinador da actividade, Tomás Lijó, subliñou que esta proposta será positiva para os participantes con independencia dos resultados acadados. “Ás veces apréndese do exemplo e ás veces do escarmento, pero seguro que a cousa sae ben”.
Esta actividade inclúe un premio económico para os gañadores: a curta gañadora recibirá 600 euros, mentres que a segunda clasificada obterá 300.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios