MOSTRA FOTOGRÁFICA
O OUFF amosa o traballo oculto detrás das cámaras
30ª EDICIÓN
Onte presentáronse tres longametraxes pertencentes á sección oficial do OUFF: a portorriqueña “Extranjera”, estrea mundial no festival; a portuguesa “Entroncamento”, e a arxentina “Gatillero ”.
“Extranjera”, dirixida por Michelle Malley, parte dunha experiencia vital da autora a China para construír un drama íntimo sobre identidade e responsabilidades persoais. A protagonista, interpretada por Aris Mejías, é filla dun político portorriqueño investigado por corrupción que busca refuxio en Taiwán.
Tamén terá protagonismo “Entroncamento”, un drama portugués que explora a violencia de xénero e o narcotráfico. “Un dos elementos máis importantes do filme é que se desenvolve nun lugar pequeno”, explicou o seu guionista, Diogo Figueira.
Desde Arxentina chega “Gatillero”, un thriller rodado nun único plano secuencia que se mergulla na violencia. O produtor do filme, Pablo Udenio, lamentou o futuro do cinema arxentino, cuxa produción “será cero” debido a que a industria non conta con apoio institucional local: “Estamos vivindo as consecuencias dun goberno que practica un desprezo militante contra a cultura”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar