A Asociación de Catadores premia 21 viños do Ribeiro

A Asociación Galega de Catadores otorgou 21 novos premios Excelencia ós viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Deste xeito, coas catas a cegas que realizou un grupo de especialistas en viño o pasado 24 de mayo, valorouse e puntuáronse os viños das distintas denominacións para posteriormente outorgar a Excelencia aos viños que superaron os 90 puntos no ranking da Denominación de Orixe.

redacción ribadavia
Publicado: 30 may 2011 - 09:50 Actualizado: 10 feb 2014 - 23:47

As marcas Viña Costeira Albariño 2010 da Cooperativa Vitivinícola e Cuñas Davia 2010 de Adegas Valdavia conseguiron as mellores puntuacións, con 99 e 96 puntos respectivamente.

Asemade, en tintos Hush 09 de Xosé Lois Sebio obtuvo 99 puntos, mentres que en tostados recibiron os premios Alma de Reboreda 05 e Tostado de Teira 06, con 95 e 93 puntos, respectivamente.

Contenido patrocinado

stats