RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
O informe de 2023 da Valedoría Universitaria alerta dunha “tendencia á alza” nos expedientes tramitados por este organismo. A valedora, Esther Pillado, explicou o documento na sesión ordinaria do Claustro da Universidade de Vigo, celebrada en Pontevedra.
Pillado matizou que non se debe concluír “necesariamente” que haxa un aumento da conflitividade. Así e todo, o reitor, Manuel Reigosa, amosou a súa preocupación e suxestionou a posibilidade de “tomar algunhas medidas”: “Hai aspectos que teñen que ver coa propia crispación existente na sociedade”, observou.
Ao longo do ano, tramitáronse 49 expedientes, nove máis que no ano anterior. As consultas medraron de 41 a 70. Segundo o balance feito por Pillado, a maioría dos expedientes tramitados refírense ao estudantado (59%), seguidos a bastante distancia polo persoal docente e investigador (25%).
Na sesión ordinaria do Claustro tamén se falou da creación da Facultade de Enfermería. De feito, o acto arrincou co informe do reitor, quen insistiu en que o centro terá “unha presenza igualitaria nos tres campus” e que será “un referente en investigación”.
A creación da facultade arrastra polémica polas críticas de Ourense e Vigo a unha posible centralización dos estudos en Pontevedra. O reitor fixo fincapé na descentralización do futuro centro, cuxo proceso está agora pendente dos “convenios de desascrición” coas institucións das que dependen as actuais escolas de enfermería, como a ourensá.
Por outra banda, Reigosa salientou que o equipo de goberno da UVigo segue “coa folla de ruta” para contratar novo profesorado axudante doutor. Afirmou considerar que “é a peza clave” da remuda xeracional. Trala incorporación de 30 novos docentes, Reigosa lembrou o obxectivo de acadar os 120 ao final do mandato. Irán substituíndo aos docentes que vaian chegando á súa xubilación.
O reitor tamén fixo balance do programa do equipo de goberno. No que afecta a Ourense, Reigosa destacou a acreditación do campus como Campus Auga. “Vai mobilizar axudas moi importantes”, comentou. Este paso foi logrado en decembro do ano pasado despois dunha década de trámites para lograr o recoñecemento.
O Claustro deu luz verde a un manifesto que condena as accións bélicas do exército israelí na Franxa de Gaza, así como a “destrución a mantenta das universidades palestinas”. O documento insta á UVigo a evitar “calquera forma de colaboración coas universidades israelís que participen no ‘apartheid’ co estudantado palestino”. Ademais, o texto reclama á UVigo que destine recursos económicos para recibir estudantes e persoal palestinos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total
TRAYECTORIA LITERARIA
La escritora española Cristina Fernández Cubas gana el Premio Cervantes 2026