Bar Pipos, o espírito dun furancho a só quince minutos de Ourense
HOSTELERÍA
Na aldea de Miegodevila, en Barra de Miño, atópase o Bar Pipos nun emprazamento totalmente rehabilitado que lembra aos típicos furanchos das Rías Baixas. Coñéceo!
O que durante moitos anos foi unha propiedade abandonada no núcleo de Miegodevila vive desde o mes de xullo o seu mellor momento é grazas a iniciativa emprendedora de Mabel. Natural de País Vasco pero asentada en Ourense desde a década dos noventa, viu potencial nestas casas para converterse no que agora xa é o Bar Pipos, un conxuto de vivendas que coa axuda da súa parella, Severino, rehabilitaron persoalmente.
Entre os veciños de Barra de Miño escoitase desde a súa apertura, hai apenas dúas semanas, falar con entusiasmo deste local: "Temos un furancho en Coles!". O certo é que polo estilo da construcción, a proximidade do persoal e polas tapas e pinchos, de produtos da súa horta, á carón do local, e de tempada, recorda a este tipo de establecementos típicos das Rías Baixas.
Con cada consumición ofrecese ao cliente un pincho caseiro a elixir entre unha ampla carta, sempre segundo o que mande a tempada. A cabaciña é unha das hortalizas máis comúns do verán, e con ela preparan tortilla e lasaña, así como rebozada con queixo e peituga de polo ou lombo fresco, que tamén preparan con berenxena. Ademais, contan con embutidos variados para os máis tradicionais. Os pementos serán o vindeiro manxar en entrar na cociña.
Os mesmos produtos, en diferentes combinacións, tamén se poden tomar en formato de ración. A carta inclúe tamén bocadillos, hamburguesas e pizzas.
Como chegar
O Bar Pipos está na aldea de Miegodevila (Barra de Miño, Coles).
Para chegar desde Ourense, é preciso tomar a estrada de Barra de Miño ata a aldea de Os Cruceiros, onde haberá que tomar o cruce cara á dereita en dirección a aldea de A Estación. En 700 metros terás chegado ao Bar Pipos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CARRETERA EN MAL ESTADO
Los usuarios, hartos del abandono de la N-120: “Está deshecha, es peligrosa”
Lo último