ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
EDUCACIÓN
O BNG pediulle á Xunta solucións ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo, “valorando mesmo a creación dunha aula máis que permita paliar a insuficiencia de prazas para cubrir a demanda do alumnado saínte de primaria do CEIP Irmáns Villar e do cal o IES é centro de referencia”. A deputada nacionalista Noa Presas lembrou onte que a “a Anpa do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar vén de denunciar publicamente que, malia ter advertido en reiteradas ocasións á Xefatura Territorial de Educación, máis dunha ducia de alumnos terían que iniciar a súa etapa educativa de ESO no IES Otero Pedrayo, non contan inicialmente con praza debido ao insuficiente número ofertado no centro de referencia”.
No BNG teñen claro que esta situación obedece á “falta de planificación” da Xunta, que non tivo en conta a previsión con base aos datos demográficos e de ocupación dos centros adscritos ao centro de secundaria, sinalan. “A maior abastanza, o CEIP que maioritariamente está afectado atópase situado moi preto do IES, polo que loxicamente as e os nenos afectados viven na contorna máis inmediata”, engadiu Presas.
Segundo a formación nacionalista, “é preciso que a Xunta reaccione co obxectivo de evitar que os nenos sexan separados da súa contorna para facer os catro cursos de secundaria co que isto implica tanto desde o punto de vista emocional e de ruptura coa contorna así como de dificultades de conciliación para as familias”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados
Jacinto Seara
Dogmas modernos sustituyen a los milenarios