AREA SANITARIA
La falta de médicos impide activar la Unidad de Geriatría
Tralo anuncio feito público esta mañá por parte do portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de que se bota a un lado, tal e como lle solicitaba o Partido Popular para propiciar a sinatura dunha moción de censura contra o actual rexedor Gonzalo Pérez Jácome, desde o BNG instan ao PP a que dita sinatura se produza canto antes.
Lembran os nacionalistas que xa no mes de setembro de 2020 e como consecuencia dunha moción presentada en pleno polo BNG no que se solicitaba a dimisión do alcalde e que gobernara a lista máis votada, 24 dos 27 membros da corporación votaron a favor.
"Desde entón, tanto PP como PsdeG-PSOE limitáronse a por escusas e vetos cruzados sen pensar no conxunto da veciñanza. Meses nos que a parálise e o caos dentro do concello vai en aumento, cun alcalde ser proxecto de cidade e sen peso político", señalan dende o BNG
A formación nacionalista lembra tamén "que o terceiro concello do país non se pode gobernar soamente con tres persoas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AREA SANITARIA
La falta de médicos impide activar la Unidad de Geriatría
PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
Lo último