ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
O BNG reclámalle á Xunta a execución total do vial de conexión entre a N-525 e Barrocás que permita mellorar os accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO ), tal e como está previsto no PXOM de 2013, para desconxestionar as rúas Marcelo Macías e Ramón Puga, logo de que de que o goberno autonómico presentase o proxecto de vial, de 640 metros de lonxitude, que conectará a N-525 coa avenida do Regato, que aliviará o tráfico que accede por Marcelo Macías pero “non resolve o problema”.
Segundo o voceiro municipal do BNG, Luis Seara, este proxecto é un “parche” que obvia o “principal problema”, que é o colapso de Ramón Puga tendo en conta que autobuses, ambulancias e coches entran por unha vía de un único carril por sentido.
O voceiro provincial, Bernardo Varela, adiantou que “o feito de que a Deputación máis Urbaourense teñan o 51% da superficie da Finca Santamariña é un feito de enorme relevancia para a proposta que queremos trasladar”. A deputada Noa Presas concluíu que “vai sendo hora de que a Xunta aposte por proxectos de verdade e non por proxectos de saldo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 6 de octubre
RECORD DESCARGAS ELÉCTRICAS
Este domingo cayeron en España más de 83.000 rayos