ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
Dar forma a unha tenda-taller de serigrafía na que comercializar produtos téxtiles co humor como sinal de identidade e deseñar unha estrutura que permita a captura da avespa asiática, evitando así os seus ataques as colmeas. Estas son as ideas polas que as estudantes da Facultade de Belas Artes Lara Buyo e Ana Corujo e o alumno da EE Forestal Luis Miguel Abal foron premiados na quinta edición dos premios Incuvi-Emprende coa posibilidade de dispor dun espazo na sede de AJE-Pontevedra onde transformar as súas iniciativas nun proxecto empresarial. "É unha oportunidade de crear eles mesmos o seu futuro", salientou o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, na recepción que impulsores e patrocinadores deste programa da Universidade de Vigo realizaron ao alumnado do campus seleccionado.
Lag e FreeBee son os nomes das dúas iniciativas empresariais que ao longo dos próximos meses irán tomando forma nos espazos nos que, grazas ao patrocinio do Consorcio Zona Franca de Vigo e Siga 98, traballarán estes estudantes, co apoio e asesoramento que lles brindarán tanto desde a Universidade como desde a propia asociación empresarial. "Contarán cun seguimento polas dúas partes", sinala Alejandro Martínez, director da Área de Emprego da institución académica, que salienta que este premio abrangue tamén a súa participación nunha serie de módulos formativos e "un seguimento e mentorización" de cada un dos proxectos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
FESTA DO PAN DE CEA
Cea presume de tradición en la gran fiesta que exalta su pan
TEMPERATURA ELEVADA
Galería | El calor domina la Festa da Empanada de forquelhas de Entrimo
PASEO LITERARIO
Piñor rescata los veranos de Carmen Martín Gaite
Lo último
Fernando Lusson
La justicia tiene un problmea
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio