EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Coñece Ourense
O camiño da Prata, Mozárabe ou Portugués, que percorre a nosa provincia ten unha lonxitude total aproximada duns cento cuarenta quilómetros, modificables dependendo do tramo elixido polo pelegrín. O devoto romeiro, aventureiro ou peregrino cara a súa meta, a tumba do Apóstolo Santiago na capitalidade de Galicia, tralo paso pola nosa provincia se atopará con innumerables atractivos, tanto de orde turístico como cultural, a súa vez enriquecidos pola propia natureza na que se ve inmerso, converténdose deste xeito no mellor embaixador das excelencias da única provincia galega que carece de mar, a de Ourense.
O Concello de Piñor de Cea, última etapa do Camiño da Prata na nosa provincia cara a Santiago de Compostela, se encontra bañado polo río Arenteiro mailos seus afluintes. No aspecto artístico destacan tres pequenas igrexas: a de San Pelagio, en Loeda; San Xoán de Barrán, maila de A Corna, esta última baixo a titularidade de Santa María do Desterro, e todas elas pertencentes ó arciprestazgo de Cea.
A construcción da igrexa de A Corna, conxuntamente ca cercana e grande rectoral, asentouse nunha paraxe singular. Iniciouse a súa construcción, aló no ano 1798, polos freires cistercienses da cercana abadía de Santa María a Real de Oseira, como o demostra a presencia dos dous cativos escudos nobiliarios existentes no testeiro: Oseira mailo Cister.
O pequeno edificio relixioso, dunha soa nave, atópase dividido en dous corpos, de maior altura o correspondente ó presbiterio que é o espacio que circunda ó altar maior. O máis baixo se corresponde ca fachada, no que se abre unha porta de acceso de forma rectangular enmarcada por un groso alfiz; por riba, tralo elemento de iluminación do interior do templo, unha fiestra rectangular e por riba se ergue a alta espadana de dous ocos que aloxa sendas campás.
Remata o conxunto nun frontón triangular figurando nas esquinas un dos elementos clásicos da decoración barroca: as bolas terminado cunha cruz. Resulta igualmente moi decorativa a presencia de dous pináculos decorados con bola, ámbolos dous situados nos extremos da fachada.
O primeiro tramo da nave se cubre con teitume a dúas augas namentres co segundo o fai a catro, ambos utilizando como cubrición tella do país. Dan remate ornamental ó segundo tramo nas esquinas catro decorativos pináculos. No interior destacan os tres altares de pedra que acubillan a venerada e fermosa imaxe da titular da igrexa, Nosa Señora do Desterro, de orixe cisterciense, de inmensa popularidade da zona, acompañada da tallas de Cristo na Cruz, san Agustín, san Bieito, san Bernardo e san Antonio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último