Camiño da Prata, A Corna, Piñor

Igrexas e capelas ourensás

2021050521533629412
2021050521533629412

O Camiño da Prata, Mozárabe ou Portugués, que percorre a nosa provincia ten unha lonxitude total aproximada duns 140 quilómetros, modificables dependendo do tramo elixido polo peregrino. O devoto romeiro ou aventureiro cara a tumba do apóstolo Santiago na capitalidade de Galicia, tralo paso pola nosa provincia atoparase con innumerables atractivos, tanto de orde turístico como cultural, á súa vez enriquecidos pola propia natureza na que se ve inmerso converténdose, deste xeito, no mellor embaixador das excelencias da única provincia galega que carece de mar.

O Concello de Piñor de Cea, última etapa do Camiño da Prata dentro da nosa provincia cara a Santiago de Compostela, encontrase bañado polo río Arenteiro mailos seus afluentes. No aspecto artístico destacan tres pequenas igrexas: a de San Pelagio, en Loeda; San Xoán de Barrán, maila da Corna, esta última baixo a titularidade de Santa María do Desterro, todas elas pertencentes ao arciprestazgo de Cea. A construción da igrexa de A Corna, conxuntamente ca cércana e grande rectoral, asentouse nunha paraxe de singular beleza. Iniciouse a súa ergueita aló polo ano 1798, polos freires cistercienses da cercana abadía de Santa María a Real de Oseira, como o demostra a presencia dos dous cativos escudos nobiliarios existentes no testeiro do edificio relixioso o de Oseira mailo do Císter. O pequeno edificio componse dunha soa nave, atópase dividido en dous corpos, sendo o de maior altura o correspondente ao presbiterio, que é o espacio que circunda ao altar maior. O máis baixo correspóndese coa fachada, no que se abre a porta de acceso de forma rectangular enmarcada por un groso alfiz; por riba, tralo elemento de iluminación do interior do templo, unha fiestra rectangular, por riba erguese a alta espadana de dous ocos que aloxa sendas campás. Remata o conxunto nun frontón triangular figurando nas esquinas un dos elementos clásicos da decoración barroca: bolas terminado rematadas en cruz. Resulta igualmente moi decorativo a presencia de dous pináculos decorados con bola, ámbolos dous situados nos extremos da fachada. O primeiro tramo da nave se cubre con teitume a dúas augas namentres co segundo o fai a catro utilizando ambos como cubrición tella dos país. Da remate ornamental ao segundo tramo situando nas esquinas catro decorativos pináculos. No interior do recinto destacan os tres altares de pedra que acubillan a venerada e fermosa imaxe da titular da igrexa, Nosa Señora do Desterro, de orixe cisterciense que goza de inmensa popularidade da zona, acompañada da tallas de Cristo na Cruz, san Agustín, san Bieito, san Bernardo e san Antonio (aportacións ao traballo de José Paz Rodríguez, oriúndo do lugar e bautizado na igrexa de A Corna).

En homenaxe ao mestre dos mestres Xosé Paz, quen permitiume compartir os meus coñecementos como docente na Escola Internacional de Verao “Jornadas de Ensino de Galicia e Portugal” nos anos 1999-2000-2001.

Contenido patrocinado

stats