UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXVI)
Galería | La colección de un hombre que sabía mucho de aguas
O pasado mes de febreiro, o Campus Auga, o proxecto do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos e alimentación, acadou a súa acreditación como campus de especialización do sistema universitario galego por parte da Xunta de Galicia. Agora, co obxectivo de desenvolver esta acreditación, o Campus Auga acaba de realizar doce incorporacións, tanto de persoal investigador como de apoio.
As novas contratacións, feitas tras un concurso público de méritos, prodúcense ao abeiro do convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga 2024-2027. “Estas incorporacións supoñen un salto tanto cualitativo como cuantitativo para a faceta investigadora do campus”, subliña Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense.
Así, explica, con elas “non só se dan novas oportunidades ao talento forxado na universidade cos contratos predoutorais e posdoutorais, senón que se facilita o traballo do persoal investigador coa incorporación de técnicos de laboratorio e xestores, que lles van axudar moito en aspectos como a presentación de proxectos ou vo contacto con empresas, etc”, subliña Rodríguez Rajo. O número total de incorporacións son doce. Oito son investigadoras e investigadores: seis predoutorais, para a realización das súas teses de doutoramento en relación con algunha das liñas de especialización do Campus Auga, e dous posdoutorais, para participar en investigacións relacionadas tamén con algunhas destas liñas de especialización. A elas e eles engádense dúas técnicas de laboratorio para manexo de infraestruturas de apoio e laboratorios deste campus de especialización; unha coordinadora de técnicos e infraestruturas e un xestor de investigación e innovación.
Alén deste incremento dos seus recursos humanos, xa no eido formativo, o Campus Auga está a organizar, en colaboración coa OTRI da Universidade de Vigo, o curso de formación de transferencia do coñecemento e tecnoloxía, destinado a persoal investigador e xestor do Campus. Nel, abordaranse “temas concretos e relevantes no mundo da transferencia, co obxectivo de incentivar a participación en actividades de transferencia do coñecemento e presentar as diferentes ferramentas dispoñibles para a interacción entre a universidade e o tecido socio-económico”. A docencia, presencial no campus de Ourense, será os vindeiros días 16, 17 e 23 de outubro.
Por último, o Campus Auga tamén vai abrir un proceso de escoita, tanto en ámbito universitario coma empresarial, para coñecer o seu posicionamento actual tanto dentro da Universidade de Vigo como na provincia na que se insire. Este proceso consistirá na realización dunha enquisa que se distribuirá aos diferentes colectivos involucrados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXVI)
Galería | La colección de un hombre que sabía mucho de aguas
GUÍA DE SUBVENCIONES
CEO y Xunta asesoran a empresas sobre ayudas públicas
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, viernes 17 de abril
Lo último
PRECAMPAÑA ELECTORAL EN ANDALUCÍA
Feijóo pide que Moreno repita para “consolidar el cambio”
NUEVA LÍNEA DE INVESTIGACIÓN
Un nuevo estudio apunta a la capacidad de no recordar los sueños como una señal temprana de Alzheimer