ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
Os xogadores de rugby adestrados por David Monreal están de noraboa. Acaban de proclamarse campións da Primeira División da liga galega de rugby tras vencer no seu feudo aos do Muralla de Lugo por un resultado moi contundente, 33 a 13. Apostaron dende o inicio do encontro polo ataque e non deron pé a sorpresas. Durante o partido, os ensaios de Andy, Iaguito e Abraham víronse apoiados polas patadas de Pelos, responsable do resto das anotacións. En definitiva, o equipo masculino galego presentouse no encontro cunha defensa forte e un ataque decisivo e deste xeito puñan o colofón da mellor maneira posible a unha tempada cargada de emocións.
A partir de agora, o principal obxectivo do equipo masculino céntrase en disputar a fase de ascenso á División de Honra B, aínda que están a esperar o que aconteza coas vacantes na categoría nacional ou as decisións que tome a federación para cubrilas, xa que non están confirmados os formatos dos próximos encontros.
A xornada tamén estivo marcada dun xeito moi especial pola sentida homenaxe a Sumi Cortés, ex xogador de elite vinculado ao equipo como técnico nas diferentes categorías e falecido recentemente.
Tamén foi nesta mesma xornada salientable a victoria do equipo feminino do Campus Ourense Coosur, xa que cumpriron todos os pronósticos ao dobregar ao equipo feminino do Muralla lugués por un contundente 41 a 0 e colarse na final da fase de ascenso da Liga Galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
72 PELÍCULAS E 23 NACIONALIDADES
O OUFF baixa o pano tras dez días de cine na cidade de Ourense
Ricardo Tena
Al final sí que había fútbol