PRODUCTO INTERIOR BRUTO
El PIB ourensano crece por encima de la media nacional
Universidade
Un dos últimos servizos postos en marcha pola Universidade de Vigo, marcado polo inicio da pandemia, cumple ano e medio en funcionamento con moi bos resultados. O Campus Remoto da UVigo supera as 2,5 millóns de conexións ao longo dese tempono e medio despois da súa posta en servizo.
O portal de teledocencia Moovi recolle outra boa acollida entre a comunidade educativa. A súa actividade comenzou ao inicio do curso pasado, o 2020-21 e suma hoxe 185.044 matrículas en cursos activos. A suspensión da actividade docente presencial por mor da covid-19 en marzo do ano 2020, levou a institución académica viguesa a poñer en marcha Campus Remoto, un “xemelgo dixital” da propia universidade, no que están representados os seus diferentes servizos, facultades e escolas.
Xerado sobre unha plataforma propia baseada en código aberto Big Blue Button (BBB), o Campus Remoto suma actualmente 2.603 aulas e 2.895 despachos creados, nos que se realizaron case 17.000 gravacións de clases, vídeos educativos e actos académicos. “Desde a súa posta en servizo, rexistráronse 26.134 usuarios e usuarias autenticados, entre persoal docente e alumnado matriculado. Ademais destes, hai moitos usuarios ‘sen autenticar’ que o utilizan de xeito esporádico nas salas públicas para eventos como congresos, reunións de persoal investigador e lecturas de teses de doutoramento”, detalla José Luis Míguez Tabarés, vicerreitor de Planificación e Sostenibilidade da UVigo.
Pola outra banda, Moovi, que é o portal de teledocencia baseado na última versión dispoñible de Moodle, totaliza 185.044 matrículas en cursos activos e un total de 31.832 usuarios diferentes. Esta cifra engádense a uns catro millóns de notificacións dentro da plataforma, que son basicamente de dous tipos. Uns son as mensaxes que os docentes lle envían ao alumnado e outras son as que se xera automaticamente Moovi. Un exemplo disto último pode ser un recordatorio da data de entrega dun exercicio dunha materia.
Así mesmo, o portal de teledocencia que substitúe a Faitic rexistra a día de hoxe 5.353 instalacións da aplicación de Moodle, ao tempo que se enviaron preto dun millón -947.000- de notificacións a dispositivos móbiles. “Isto amosa a estupenda acollida do alumnado a esta versión dixital nos seus dispositivos móbiles, tipo smartphone para seguir a docencia e as notificacións que se envían”, valora o vicerreitor de Planificación e Sostenibilidade.
A aposta da UVigo polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de comunicación, así como pola transformación dixital e o ensino virtual fíxoa merecedora do Premio Anxians 2021, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Este galardón premia a aposta da Universidade de Vigo polas infraestruturas TIC dentro do seu Plan estratéxico 2021-2026 para promover a transformación dixital da institución, ademais do esforzo realizado para potenciar o ensino virtual, o desenvolvemento da sociedade do coñecemento e a expansión e o emprego destas tecnoloxías no ámbito da docencia. “Estamos moi satisfeitos polo premio Anxians 2021, que representa o esforzo continuado realizado polos Servizos Informáticos da UVigo co enxeñeiro de telecomunicación Juan Aguiar á fronte”, sinala Míguez, que no caso de Campus Remoto destaca o traballo de soporte e de desenvolvemento de novas aplicacións realizado polo equipo de UVigoTV-Teltek, baixo a coordinación do tamén enxeñeiro de telecomunicación, Vicente Goyanes.
O vicerreitor de Planificación e Sostibilidade lembra ademais a recente concesión a Campus Remoto do rexistro de software USA, “que é como as patentes, pero para programas informáticos, onde se protexen desenvolvementos propios aínda que sexan sobre software libre”, detalla.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO INTERIOR BRUTO
El PIB ourensano crece por encima de la media nacional
INFORME AUTONÓMICO
A Saínza aspira a ser de interés turístico nacional
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 2 de abril
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Guerra de las Malvinas