MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
ÁREA METROPOLITANA
O Concello de Nogueira de Ramuín mellorará a Praza da Casa Consistorial de Luíntra, que está no centro da localidade e cuxo asfaltado presenta un importante deterioro. Para acceder a esta praza, é preciso tomar unha curva dun radio mínimo e moi estreita, o que xuanto ao aumento do seu uso, provoca un desgaste do pavimento, que é necesario reparar.
Ademais desta actuación, preténdese a realizar unha reforma na praza que a dote dunhas escaleiras de comunicación das dúas fachadas da casa consistorial, para salvar a forte pendente, e que agora carecen dunha conexión peonil. Para a construción destas escaleiras, deberanse escavar as terras, dispoñer de barandillas...
O proxecto, que conta cun orzamento de licitación de case 62.000 euros, está financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Plan Hurbe.
O prazo de execución da obra será de dous meses unha vez que sexa formalizado o contrato coa empresa adxudicataria, pero o concurso aínda está en marcha.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 23 de mayo