PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
OURENSE CHEO DE COR
Como marca a tradición, o muro de Salesianos renovou a súa imaxe de cara ao Campamento Urbano de Amencer, que dará comezo este vindeiro venres, 1 de agosto. Membros da Asociación Xuvenil pasaron a mañá na rúa Saenz Diez entre pinceis e pinturas para facerlle un lavado de cara aos debuxos que ano tras ano se inclúen nese inmenso mural que caracteriza ao centro. Alí, tamén actualizaron a información de horarios e inscricións.
“Xa temos case 700 rapaces anotados, pero contamos que se sumen máis, poden facelo ata o propio día de inicio”, explica Javier Carballo, un dos monitores. Desde as 10,00 horas do venres, a secretaría estará aberta para a inscrición dos participantes. Ese primeiro día terá lugar o xesto creativo nas pontes da cidade como xa é habitual no inicio do campamento. Dende entón ata o día 13 están previstas unha morea de actividades para que os rapaces poidan desfrutar.
Como novidade, este ano o Día da Natureza pasa a ser o Día da Provincia. “Faranse xogos en distintas localidades aos que se van poder unir tamén os nenos desas vilas”, explica o monitor, que celebra que no campamento participen rapaces de distintos puntos xeográficos e resalta que “ademais de pasalo ben, tamén aprenden sen darse conta”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre
INVESTIGACIÓN INDEPENDIENTE ABIERTA
Nvidia investiga a su fundador por sus vínculos con una supuesta espía China