UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
AUDIOVISUAL
A Deputación de Ourense organiza este ano o ciclo "Cine de Verán" baixo o lema "Enchamos a provincia de Vida", coa proxección do documental Máis ca vida e o filme de ficción Vida, do director Rubén Riós, que se exhibirán en 10 localidades da provincia de Ourense ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto. A iniciativa foi presentada esta mañá no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" por parte do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director do proxecto Vida, Rubén Riós; e o actor protagonista da película, Óscar Rodríguez.
Baltar destacou a importancia de contar cun traballo de Rubén Ríos nesta actividade "incluída no plan de mandato Ourense 15-19", e a través da cal "desenvolverase un circuíto de cinema pola provincia de Ourense da man do creador ourensán Rubén Ríos, quen converte en realidade o que soña, e que ten xa unha exitosa traxectoria na que recibiu dous premios Mateo polos seus traballos audiovisuais Adeus Edrada? e Coser e Cantar. Vida, afirma o presidente do goberno provincial "é máis ca unha película, e, sen dúbidas, encherá de emoción a provincia de Ourense durante os meses de verán".
O proxecto Vida comprende dúas obras audiovisuais, Máis ca Vida, un documental que recolle as testemuñas reais do día a día do mundo que rodea a rapaces e rapazas con capacidades distintas, e Vida, unha obra de ficción na que se mestura arte, entretemento e comunicación, converténdose na primeira experiencia audiovisual destas persoas. O filme conta no seu reparto artístico cos actores como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia, entre outros, que trasladan ao espectador dunha maneira lúdica, positiva e realista, as diferenzas sociais existentes que invitan á reflexión.
Rubén Riós agradeceu á Deputación de Ourense a súa aposta por este traballo porque "é gratificante sentirse identificado na terra de un e que alguén poida ser profeta na súa terra, porque a Vida espéralle un recorrido moi interesante por todo o mundo, proximamente en países como Arxentina e República Dominicana", e tamén agradeceu aos "máis de 10.000 espectadores que viron este proxecto no Auditorio de Ourense".
O director de Vida adiantou que o seu traballo irá encamiñado "a través da docencia, cara á inclusión, e sobre todo, por medio dunha realidade que ás veces se nos escapa porque non nos educan nesa diferenciación que é tan importante na sociedade de hoxe en día", e asegurou que este proxecto, e coñecer a Óscar, "cambioume a vida, tanto no ámbito persoal como profesional".
Rubén Ríos adiantou que o vindeiro 16 de xullo "será un día importante para esta provincia, porque por primeira vez unha persoa de Ourense con discapacidade intelectual, Óscar Rodríguez, ofrecerá o seu primeiro TED, na Cidade da Cultura, que leva o título de "El niño de la baldosa" e para o que xa están esgotadas todas as entradas".
Pola súa banda, Óscar Rodríguez animou a todo o mundo a que non deixe de soñar porque "para min Máis ca Vida e Vida é un soño feito realidade, no que a xente poderá ver que as persoas con discapacidade estamos aquí para traballar e estamos preparados para facer isto e moito máis".
As proxeccións comezan o 17 de xuño en Ourense, para seguir o 18 de xuño en Verín. No mes de xullo o filme proxectarase o día 8 en Maceda, o 15 en Xinzo, o 26 no Carballiño, e o día 30 na Rúa. En agosto exhibirase o día 13 en Riós, o 18 en Celanova, o 20 na Veiga, e o 26 na Valenzá (Barbadás). O horario de proxección será ás 22.30 horas, excepto no caso de Ourense que será ás 23.00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?