EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, pon en valor o traballo levado a cabo nos últimos catro anos pola Xunta na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, da que foi xerente de 2018 a 2019. Enfatiza o “compromiso” da Administración Autonómica coa sanidade pública e avanza os novos proxectos para a provincia, entre os que destaca a construción dun novo centro de saúde na cidade, en substitución do actual ambulatorio da Cuña.
Coñece ben a área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Cales son as súas actuais necesidades?
Como todo o mundo sabe, levamos tempo traballando no CIS Nóvoa Santos, que vai resolver as necesidades actuais do centro de saúde e integrará o Punto de Atención Continuada (PAC). En Atención Primaria tamén temos proxectado un novo centro de saúde na cidade, que substituirá o da Cuña, xa que toda a ampliación da carteira de servizos provoca que o edificio se quede pequeno. O novo centro terá 3.500 metros cadrados e rematará cos problemas de espacios e accesibilidade. Daralle servizo a Mariñamansa, San Francisco e Barrocás, e estará xusto ao lado do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). A previsión é que se faga unha inversión de 14 millóns de euros para poñelo en marcha.
Cal é a situación do proxecto do CIS Nóvoa Santos?
Xa licitamos o proxecto constructivo, pero estamos pendentes de que o Concello de Ourense nos dé o visto bo en Urbanismo, estamos á espera dun trámite urbanístico. Confiemos en que o proceso se resolva rápido e que poida empezar canto antes a súa construción. É un proxecto moi interesante.
En Atención Primaria, nestes meses ten habido moitas queixas por faltas de médicos e pediatras. Faltan facultativos ou faltan prazas MIR?
Non é un problema de falta de médicos. O dato que sempre dicimos é que no MIR hai 8.000 prazas convocadas, pero preséntanse 14.000 médicos. Levamos dende 2018 pedíndolle ao Goberno de España que habilite formas legais para formar a máis médicos de familia. Somos 14 as comunidades autónomas que asinamos un manifesto para que o ministro aborde esta situación e flexibilice a normativa de formación de profesionais. Actualmente, o 60% dos centros de saúde teñen só un médico, e coa actual normativa estes centros non poden formar a residentes, aínda que se queira. Tamén lle pedimos ao Ministerio que cambie o límite de idade, porque hai un número importante de médicos que cumpre 70 anos e aos que lles gustaría quedar con nós un tempo máis.
Nas zonas rurais quedan prazas vacantes. Que está facendo a Xunta para facer eses destinos máis atractivos?
Temos mecanismos como ese concurso de méritos xa en marcha na provincia de Ourense, no que lles ofrecemos prazas en propiedade sen examen, por méritos. Ampliamos o listado de centros de saúde de difícil cobertura, o que supón un incremento na nómina. Ao tempo, traballamos en facer atractivos os hospitais comarcais, a estancia neses hospitais contra tres veces a estancia nun hospital urbano.
Daquela, a poboación do rural pode estar tranquila, vai seguir tendo médico no seu centro de saúde?
Levamos moitos anos gobernando, e non se pechou ningún centro de saúde, faise todo o que temos na man. E neste sentido quero agradecerlle o traballo aos profesionais que temos na organización. Cando hai unha baixa, o primeiro que facemos é buscar nas listas de contratación a médicos, pero non temos. Aí ofertámoslle aos pacientes a opción de que outro médico o atenda, o que é posible porque os facultativos quedan máis horas para atender ás persoas de outros cupos… Temos tido encontros con plataformas que denuncian que os médicos están de baixa e haxa un substituto, e iso non ten lóxica, salvo que falemos da politización da sanidade. Hai plataformas que intentan meterlle medo á poboación, si que hai médicos, si que hai substitutos.
Xa no ámbito hospitalario, como está a situación en Urxencias? Seguen vindo facultativos doutras áreas a cubrir certas xornadas?
Polo de agora, esa medida segue en marcha. Nese sentido, seguimos agradecendo o respaldo dos distintos servizos de Urxencia de Galicia, que están desplazando profesionais ao CHUO. Estamos pendentes da resolución dun concurso de prazas de hospitais comarcais que sen dúbida vai permitir pechar un pouco a fotografía das prazas e reforzar a plantilla de Ourense.
Tamén no CHUO, profesionais da UCI falan dos problemas da nova unidade, posta en marcha en decembro.
O primeiro que hai que destacar é que estamos falando dunha ampliación e reforma da UCI sen precedentes, é un proxecto de 8,2 millóns de euros, o que desbarata calquera mensaxe de privatización ou desmantelamento dos que se están dando. Todos vimos a experiencia da pandemia, quedou de manifesto a necesidade dos boxes individualizados, que permitan illar aos pacientes. Este é o modelo implantado en Vigo, Lugo, Coruña ou Santiago, e aquí é o mesmo. A de Ourense, de feito, é a UCI máis moderna, dotada da mellor tecnoloxía. A idea do desmantelamento que están vendendo dende o BNG, PSOE ou Sumar é difícil de soster, pero entendo que os ourensáns, que teñen moito sentido común, distinguen a realidade. Evidentemente hai cousas que se poden mellorar, sempre as hai, pero falar de falta de seguridade é intolerable. Os pacientes que están na UCI están perfectamente controlados e monitorizados.
O novo edificio do CHUO xa está en pé, cales serán os seguintes pasos?
Unha vez se execute por completo ese edificio reformarase por completo o Materno, o que permitirá tamén rematar a unidade de Medicina Nuclear. En total, hai 80 millóns de euros comprometidos. Hai que recordar que o noso programa electoral inclúe o compromiso de acordar a fase II do Plan Director do CHUO, con dous novos edificios na zona oeste, un para uso ambulatorio e outro de tipo administrativo, onde tamén haberá investigación, docencia e a gardería para os fillos dos profesionais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman