LAS PROTESTAS DAN SUS FRUTOS
A Gudiña recuperará su tren matutino a inicios de este año
Alberto Varela, presidente da Fegamp
Os concellos levan anos soportando un aumento das competencias sen un financiamento para poder desenvolvelas, o cal tensiona o o día a día. Os alcaldes ourensáns levan días poñendo o grito no ceo, e con eles, todos os de Galicia. Así o expresa o presidente da Fegamp.
Por que son inasumibles as medidas da "nova normalidade" para as entidades locais?
A Comisión Executiva está composta por representantes de todas as formacións políticas e o acordo tomouse por unanimidade. O que se está a pedir é bastante lóxico. Que antes de adoptar medidas que afecten directamente aos concellos e que lles impoñan traballos e custes, deberían sentar con nós para ver se somos capaces de xestionalo. Se nos están impoñendo unhas medidas, que menos que se conte con nós.
Hai concellos que se están negando a abrir piscinas ou parques. Que directrices lles dan?
O criterio que deu a Fegamp aos concellos foi sempre seguir as recomendacións das autoridades sanitarias. Pero o que temos claro como federación é que se nos está sobrecargando cun custo económico que non corresponde ás competencias ordinarias dun concello. Todas estas medidas de hixiene e diferentes condicións de seguridade sanitaria correspóndenlle, en canto á toma de decisións, ás autoridades sanitarias, neste caso a Consellería de Sanidade, pero entendemos que os concellos deberiamos recibir financiamento da comunidade autónoma, porque son medidas que non entran dentro das competencias ordinarias dun concello.
Os concellos si teñen que limpar habitualmente os seus espazos públicos. Que é o que cambia?
A un concello correspóndelle a limpeza dun parque infantil, certo. Pero proceder á desinfección para que non teñamos contaxios de coronavirus non é unha competencia ordinaria dun concello, é unha competencia sanitaria. E esa autoridade é a que ten adoptar esas medidas ou, polo menos, financialas a quen ten a responsabilidade directa.
Alberto Varela.
Tense solicitado algún tipo de fondo para isto?
Solicitouse por parte da Fegamp na representación que temos na CECOP (Centro de Coordinación Operativa), así como noutras comunidades autónomas unha parte dos fondos que se están recibindo da Administración do Estado foron ás corporacións locais. De momento, non tivemos resposta.
Hai dúbidas coas zonas de baño, non só costeiras, senón fluviais. Quen as vai controlar?
A responsabilidade que están pedindo neste ámbito aos concellos non a podemos levar eficientemente a cabo cos medios que temos. A maioría dos concellos costeiros que teñen moitas praias estamos apelando á responsabilidade individual e colectiva, poñendo carteis advertindo das recomendacións de distanciamento físico, medidas sanitarias recomendadas. E para control dos aforos ou vixilancia trataremos de colaborar, pero temos unha escaseza importante de persoal e cos nosos medios é moi difícil que o poidamos facer.
O domingo ábrese a mobilidade ao resto do país. Están preparados para o control? Recaerá esa vixilancia nos concellos?
Nas primeiras fases do estado de alarma, as policías locais estiveron baixo mando do Ministerio do Interior en coordinación coas subdelegacións do Goberno e había unha colaboración coa Policía Nacional e a Guardia Civil. Os policías locais dos concellos estiveron toda esta tempada auxiliando e colaborando . Os concellos estamos dispostos a colaborar, pero non nos poden pedir cousas que non temos. Temos os mesmos déficits de persoal que poidan ter as outras administracións e estannos pedindo cada vez máis labores de control. Se á Policía Local lle pedimos que controle tamén o aforo nas praias e temos que controlar o aforo nos parques infantís e os movementos nas estradas, chegará un momento en que será inviable para os concellos.
Abriuse a tramitación do Ingreso Mínimo e algúns alcaldes dan por feito que recaerá sobre eles.
Ata o de agora, temos que esperar a ver quen o xestiona. O que sabemos é que un real decreto establece que aqueles concellos que queiran poden subscribir un convenio coa Seguridade Social para xestionalo, pero dependerá da vontade de cada concello. Haberá que esperar.
Pero están preparados os servizos sociais municipais para facelo?
É certo que os nosos servizos sociais e os nosos traballadores sociais teñen unha sobrecarga importante de traballo, porque moitas subvencións doutras administracións e moitos dos requisitos e trámites administrativos requiren informes dos nosos traballadores sociais. En Galicia, o esforzo que fan os concellos en materia de servizos sociais é moi superior ao das outras administracións. Dos 300 e pico millóns que se poidan destinar aos concellos, están poñendo 220 en atención primaria, máis que noutras comunidades.
Significa iso que dirían que non a asumir competencias?
Non dicimos que non a asumir competencias, sempre que vaian acompañadas dos medios que nos permitan desempeñalas axeitadamente con recursos económicos e materiais.
Arranxouse algo da socbrecarga de competencias que se viña denunciando anos atrás?
Xa hai tempo que os concellos levan insistindo en que outras administracións adoptan normas que nos afectan sen ningún consenso, normas que impoñen competencias sen vir acompañadas do financiamento. Nasta crise sanitaria acaba de verse o esforzo que fixo a Administración Local, máis aló das súas competencias, é o momento de que sentemos co resto de administracións para decidir que cada un ten que asumir o que lle corresponde. O que non podemos facer é estar tapando os ocos que non cobren as outras administracións, non podemos ser o caixón de xastre do que non queren os demais, e inda por riba, sen fondos.
Como define o traballo municipal durante o estado de alarma?
Os concellos volveron ser as adminstracións que estiveron máis cerca dos cidadáns. Non hai máis proba diso que os alcaldes galegos fixeron cousas por enriba das súas posibilidades e das competencias. Botáronlle imaxinación en cousas que non lles correspondían, desde habilitar albergues onde non había pra recoller a persoas sen fogar, ata levar as tarefas aos nenos porque estaban na casa, auxiliar en labores de desinfección, control de espazos... Fixemos de todo e volvemos demostrar que somos os que estamos máis preto.
Tres meses sen desbrozar, dará tempo a cumprir a limpeza de franxas?
A situación é complicada. Limpas e a maleza volve crecer, é unha queixa recurrente dos veciños. Nesta parálise, houbo outro tipo de funcións, estivemos a desinfectar espazos públicos e non a cortar a maleza. Agora asinouse unha addenda ao convenio de faixas e veremos o resultado. É un problema recurrente de tódolos veráns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LAS PROTESTAS DAN SUS FRUTOS
A Gudiña recuperará su tren matutino a inicios de este año
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Noche accidentada en Ourense: un herido en una colisión y un atropello a un jabalí
LA MÁS POBRE DE GALICIA
Cae la pobreza en Ourense, pero aún castiga a uno de cada cinco hogares
Lo último