MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
FORO LA REGIÓN
O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña ponía o foco na súa intervención na importancia dos avances nos tratamentos do cancro e na labor da ourensá María Blanco-Prieto, presidenta da Federación Europea de Ciencias Farmacéuticas. Julio García Comesaña destacou a labor de María Blanco-Prieto e adicou algunhas verbas sobre a especialista natural de Trives e o seu proxecto.
"O seu achegamento ao cancro infantil mereceu o máis alto recoñecemento por parte da Asociación Española contra o Cancro", recordou o conselleiro. E é que Julio García quixo recalcar as concusións de diferentes ideas de María, comentando o papel da "encapsulación de fármacos fitotóxicos en nanopartículas" que fai posible "a liberación sostida, unha mellor acumulación no tecido tumeral e o aumento da biodisponibilidade e a mellora no indice terapeutico".
García destacou tamén "o impacto do traballo de María en diversos ámbitos terapéuticos", enumerando o campo da antibioterapia, da cardioloxía e, especialmente, no tratamento do cancro infantil: "Entendemos os nanofármacos como eses pequenos mensaxeiros que levan medicamentos onde é necesario. Polo tanto, non os deixa onde non o é e disminue moito a súa toxicidade".
O conselleiro de Sanidade destacaba o "pracer" que era para él escoitar a Blanco Prieto no Foro La Región, entre outras cousas, porque na Xunta teñen "un proxecto cun centro en Santiago de terapias avanzadas no que traballamos con nanoterapias", o tema principal da ponencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026