A coral De Ruada remata unha exitosa xira en México
Tras pechar cun inolvidable concerto na Catedral de Puebla nunha semana de irmandamento, os ruadistas regresaron con caos, perdendo o voo de enlace e tendo que asumir gastos extra que empañaron unha viaxe para a historia.
A coral De Ruada rematou a súa xira por México. Nas últimas xornadas visitaron o caso histórico de Puebla, a súa catedral, a capela de Nuestra Señora de Los Remedios, a biblioteca e o Concello, onde tivemos ocasión de ver, no salón de plenos, os documentos fundacionais da cidade. Tralo bo acollemento, os ruadistas aceptaron facer un novo concerto que non figuraba na programación inicial. Se no primeiro actuaran no incomparable marco do Museo Internacional del Barroco, a despedida non puido ter mellor escenario: a Catedral de Puebla, no centro mesmo do caso histórico, construída entre 1575 e 1647 polos arquitectos estremeños Francisco Becerra e Juan Gómez de Trasmonte. Ese último concerto foi posible grazas ás xestións realizadas ante o arcebispado polo presidente da Fundación Cáritas, José Refugio Gómez Alonso, e o anfitrión en Puebla, o empresario hostaleiro de Ribadavia Manuel Domínguez Gabián.
De Ruada desfilou, precedida pola súa bandeira e grupo instrumental, polas rúas céntricas de Puebla ata a Catedral. O concerto, celebrado na escalinata do baldaquino, foi un éxito máis da coral, dirixida por Jesús Alfonso González Selas.
Antes do remate do concerto, a presidenta, Fátima Malingre, e o presidente de Cáritas, intercambiaron agasallos.
O éxito da viaxe viuse ensombrecido por un caótico regreso de México. Ao chegar tivemos de percorrer un longuísimo e caótico labirinto para acceder ao control de equipaxes de man atendido por moi poucas persoas, tendo en conta o enorme volume de viaxeiros que cadramos á mesma hora procedentes de varios voos internacionais. O resultado foi o colapso do servizo e, polo tanto, da perda do enlace que nos debía levar a Vigo.
Despois das reclamacións e xestións realizadas pola presidenta e varios membros do equipo directivo, chegouse á solución consistente en dividir o grupo en tres partes que irían a Vigo e Santiago. Despois, un autobús -contratado por De Ruada- recollería aos de Santiago, viaxando despois a Vigo para recoller aos demais e tamén as maletas que viaxaran no avión que perderamos.
Á parte do prexuízo anímico, despois dunha viaxe de tan longa duración, e económico (autobús percorrendo media Galicia, xantar dos coralistas...) o que máis sentiu De Ruada foi non poder chegar a tempo de cumprir o seu compromiso de participar nos actos programados pola Subdelegación do Goberno co gallo do Día Da Muller Traballadora, tal como se comprometera.Sentímolo moito. Outra vez será.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, miércoles, 28 de enero
SE DUPLICA EN ESPAÑA
Ourense esquiva, con cero casos, el repunte del sarampión
Lo último
PRODUCTOS CONTAMINANTES
El colapso de una antigua balsa de la mina de Monte Neme bloquea una carretera en Carballo
REFUERZO VERDE
Antonio Molina, segundo fichaje del Arenteiro