ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
"día do parlamento"
Preto de medio cento de nenos do campamento urbano de Amencer visitaron onte a Deputación de Ourense, con motivo do “Día do Parlamento”. Alí levaron a cabo un pleno infantil no que se someteron a debate unha serie de propostas para a realización de novas actividades na próxima edición do campamento.
O deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, foi o encargado de recibilos e acompañalos durante a actividade. Fernández, que respondeu as preguntas formuladas polos rapaces e rapazas, explicou o funcionamento e competencias da institución provincial, sinalando que “cando un veciño ten un problema acode ao seu alcalde, e cando un alcalde ten unha necesidade acode á Deputación, que é o concello dos concellos, cooperando na prestación de múltiples servizos”, entre os que citou como exemplos a recollida de lixo ou a xestión do ciclo da auga.
Ao remate da actividade, os participantes recibiron agasallos institucionais da Deputación, mentres que Rosendo Fernández recolleu en nome da institución un diploma conmemorativo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500