A Deputación de Ourense promove a Vía da Plata durante a Semana Santa
VACACIONES
Coñece a Vía da Plata esta Semana Santa
A Deputación propón para esta Semana Santa descubrir o patrimonio da provincia a través do itinerario xacobeo “Vía da Plata-Camiño Mozárabe”. Esta proposta facilitará aos peregrinos a realización desta ruta por etapas e permitirá acreditar a “Compostela”. O programa, a través do Inorde, inclúe un servizo de autobús que partirá desde Ourense cada día para ir ao punto de inicio da etapa e retornará ao remate da xornada.
A primeira etapa, o 26 de marzo, levará aos peregrinos de Ourense a Cea (21 kms), desprazándose despois ata o mosteiro de Oseira. A segunda etapa irá de Cea a Piñor, pasando por Castro Dozón ata Puxallos (22 kms). Ao seguinte día o tránsito será de Puxallos a Silleda (22 kms); a cuarta etapa levaraos de Silleda a Vedra ou a Susana (23km/30km); e o 30 de marzo culminarase a peregrinación cun tramo de 10 quilómetros desde Susana ata Santiago.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Ourense suma 2.600 nuevos casos de cáncer en el último año
Lo último
REPARACIÓN DEL PAVIMENTO
Un tramo de la calle Ramón Puga estará cortado desde este jueves hasta que se completen las obras