EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Máis dun ano despois do inicio da vacinación, as mensaxes en contra deste proceso de inmunización seguen á orde do día. Roberto Fernández, doutor de PAC de Allariz, coa colaboración de Carlos Menéndez, médicos do centro de saúde de Mariñamansa, e a Marina Nogueiras, profesora de Ciencias del IES Lagoa de Antela, elaborou un estudo no que compara os discursos contra a vacina da covid e a da varíola. “As narrativas seguen a ser prácticamente as mesmas, só cambiaron as canles que empregan para dinfundilas”, destaca Fernández.
O traballo de investigación, que se publicou en Cadernos de Atención Primaria da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, compara tamén os contextos dos movementos antivacinistas. No século XIX non había tantos medios de difusión como agora, pero conseguiron “frear as leis de vacinación en países como Francia ou Italia”. Hoxe dispoñen das redes sociais que lles dan máis pulo e mudaron de perfil. “Antes tiñan máis arraigo na clase obreira e agora son as clases medias as que máis se opoñen”, sinala Fernández.
A vacina da varíola descubriuse a finais do século XVIII e comezou a estenderse no XIX, cando xurdiron os movementos antivacinistas. Daquelas empregaban discursos que espertaban o medo da poboación polas repercusións que pode ter para a súa saúde. “Naquel entón, como agora, apelaban a esas emocións. Hai anos dicían cousas como que era un atentado moi perigoso contra a natureza ou un envelenamento do sangue. Hoxe falan de que as vacinas levan microchips para controlarnos ou que poden causar outras enfermidades”, explica o doutor.
En ambos casos, o estudo amosa outro argumento común sobre unha terceira persoa que busca un beneficio. “Coa varíola foron os científicos e ca covid son os políticos”, engade. Esta idea trata de situalos como os causantes de “enfermar e debilitar” á cidadanía.
Os discursos antivacinistas do século XIX e os do XXI aproveitan os puntos débiles da vacina para crear opinións contrarias. Os efectos secundarios que provocan é un deles: “Fan crítica deles cando tamén os ten calquera aspirina”, opina Fernández. Para o doutor o que fan é “mirar cunha lupa de aumento os riscos e os beneficios cunha de diminución”. O obxectivo neste caso das persoas contrarias á vacina e lanzar unha mensaxe de que os problemas “son maiores” que as solucións.
Outro dos métodos cos que xeran dúbidas é o de mesturar verdades que todo o mundo coñece con outras afirmacións que non están comprobadas. Fernández pon como exemplo argumentos como que as vacinas se crearon con moita premura e o xuntan con “falsedades que descoñecemos e, como un deles é certo, damos todas as afirmacións por válidas”.
Pese a oposición que xerou na poboación, a vacina da varíola administrouse e permitiu que no 1980 a OMS dese por erradicada a enfermidade. A vacina da covid, que conta cunha gran adhesión na poboación ourensá, non impide os contaxios, pero nesta sexta onde reduciu a mortalidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
INTRODUCE TU NÚMERO
Comprobador Lotería de Navidad 2025: ¿te ha tocado El Gordo?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 22 de diciembre?