RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Como si de unha parodia humorística se tratase, Mandianes durante a retransmisión, foi parindo, - o digo respectuosamente - as súas teorías pola televisión, mentres a presentadora sorrindo dicíalle ¡non me fastidies! sorprendida por tanta conexión cósmica, funeraria e indoeuropea de todas e cada unha das mascaras, comparsas e carrozas que pasaban fronte deles
O certo é, que semella que Mandianes, deixouse afectar polo entusiasmo nihilista, e a transgresión entroideira, para facer toda unha tese doutoral, por veces alucinante, sobre o Entroido de Xinzo, o seu ciclo, e os nosos elementos mais senlleiros: Dende as Pantallas, ata a sorprendente explicación do Oleiro, que resulta que o facemos, para rirnos das Olas ¡El saberá!
Durante os comentarios que fixo do desfile, aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, o Profesor non se resistiu a espallar, unha vez mais, a súa alucinante teoría das Filloas: Símbolos lunares, preeuropeas, relacionadas coa Vía Láctea, o cosmos, a morte e os porcos, -e tamén co Entroido claro-, que mesturadas coa mel das abellas, que son as ánimas dos devanceiros que veñen da lúa, ¿serán cecas a síntese do celtismo galego...?
Eu que respeto, e admiro o Profesor Mandianes, no tocante o Entroido, e por suposto o de Xinzo, quedo sen dubidalo con investigadores como Federico Cocho, que o estudou en profundidade, e que o viviu de perto. Por certo, das filloas, e sinto decilo, tamén me convence mais a teoría de Federico, que di que son redondas porque a tixola onde se friten e redonda, e punto.
Quizais seria interesante pedírlle-lo vídeo do desfile a TVG para gardalo no Museo do Entroido, como unha desas xollas documentais entroideiras, verdadeiramente curiosas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología