Esgos e Nogueira poderán optar ó bus metropolitano
TRANSPORTE PÚBLICO
O Comité político-técnico para desbloquear a situación do transporte metropolitano en Ourense, activado pola Deputación, convidou onte aos Concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín a incorporarse a dito organismo “pola súa proximidade aos polígonos industriais”. Na primeira reunión desta comisión estiveron representados a Deputación, os grupos políticos da mesma (PP, PSOE, BNG e DO), a Xunta e os concellos de Amoeiro, Barbadás, Cenlle, Coles, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela, A Peroxa, Punxín, San Cibrao das Viñas, Toén e Vilamarín.
Na reunión acordouse amosar o compromiso do Comité de sacar adiante solucións que permitan dotar á area metropolitana de Ourense “dunha rede de transporte colectivo de viaxeiros, en autobús, que sexa rápido e atractivo para a veciñanza”. Tamén acordaron que os concellos limítrofes coa cidade presenten antes do 1 de setembro as súas propostas de extensión de liñas, cunha limitación xeral de 3 quilómetros de extensión con respecto ás liñas actuais. A comisión adoptou que os concellos non limítrofes co termo municipal de Ourense presenten antes do 1 de setembro as súas necesidades e propostas de carácter complementario ás anteriores, así como que se se realicen reunións entre o persoal técnico designado polas AAPP que teñen contratos en vigor ou próximos á súa licitación que poden resultar afectados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA