PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
OBITUARIO
Antonio Álvarez Díaz, Toño, monaguillo da parroquia de Santiago das Caldas dende os 12 anos, era o primeiro a mediados do século pasado en portar a imaxe do Apóstol á saída da igrexa na procesión do patrón da Ponte e de Galicia. Preocupado porque o acio que levaba o santo na man perdese sempre a maioría das uvas durante o percorrido polas rúas do barrio, comprometeuse a conseguir o mellor acio que non desmerecese. Achouno dende entón en Quenlle, no Ribeiro ourensán, nunha parra temperá do seu amigo Aquilino. Cada véspera do día de Santiago, dende 1952, con apenas catro excepcións por causa de forza maior, Toño cumpliu coa súa misión de vendimar ese primeiro acio e levarllo ó santo á súa casa na igrexa da Avenida das Caldas.
A tradición xacobea dí que o Apóstolo, chegando a Santiago coma peregrino, descansou nunha casa onde lle ofreceron xenerosamente leito e uvas. Como agardecemento prometeu que a vendima sempre sería boa para os xenerosos. A sagrada fidelidade á tradición, que Toño lembraba cada mes de xullo, incluso cando a memoria xa lle empezaba a fallar, é un exemplo de devoción e de identidade cun barrio que os de Canedo levan moi fondo. Tamén unha maneira de encomendar ó patrón Santiago o coidado da familia e dos veciños.
O próximo 25 de xullo Antonio Álvarez Díaz entregará personalmente o acio de uvas temperás a Santiago Apóstol para pedirlle una boa colleita dos viños de Ourense e protección para A Ponte. Faleceu con 91 anos cumplidos, en paz e rodeado da súa familia. Na terra, seu fillo José Antonio e seus netos Nicolás e Jacobo seguirán indo a Quenlle polo acio para manter a memoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N