Xornal Escolar
Galería | Creatividade e innovación no colexio de Mende
Ecoagro
Un equipo multidisciplinar formado por persoal docente da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense vén de desenvolver un proxecto de investigación centrado na reputación dixital do enoturismo ourensán. Este estudo é beneficiario da convocatoria de axudas INOU 2020, financiada pola UVigo e a Deputación, cando a provincia é sede de catro das cinco denominacións de orixe galegas.
Os datos de opinión sobre as adegas da provincia de Ourense obtivéronse da plataforma Google Maps mediante a aplicación da tecnoloxía de web scraping, analizando 1506 valoracións deixadas por usuarios de 92 adegas da provincia. A partir desta información, o equipo da UVigo realizou unha matriz DAFO onde se diagnosticou a situación do enoturismo na provincia a través das súas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades. No que respecta ás principais debilidades, o estudo apunta á falta de cooperación entre os sectores público e privado.
Así, segundo indica o equipo que realizou o proxecto, "non existe unha estratexia común de promoción e difusión do sector en Ourense, a profesionalización é aínda baixa e a visión de negocio é moi a curto prazo".
No que respecta á reputación en Internet, subliñan que "hai un uso deficitario das redes sociais e outras novas tecnoloxías como canles de difusión e creación de reputación online, subindo contidos de modo esporádico. Aínda así, as valoracións recibidas son positivas", conclúen.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DECLARACIÓN EN EL SUPREMO
Koldo García se declara inocente y niega haber decidido "nada" en la compra de mascarillas