ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
O alumnado de segundo curso do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa de Ourense, están buscando colaboradores para que os axuden co financiamento da produción de dous proxectos audiovisuais que serán rodados en próximas datas e en diferentes localizacións da provincia. Ditas propostas audiovisuais nacen na propia aula e son coñecidos polo nome de “Sentenza” e “Memoria de Soutelo”. A primeira idea é unha curtametraxe de ficción enmarcada no xénero thriller e, o segunda, é un documental que abordará o tema da mocidade no rural nun xogo visual que tomará como punto de partida as imaxes do fotógrafo Virxilio Vieitez.
Estas actividades enmárcanse no programa de estudos do ciclo e implican a posta en práctica en condicións reais de procesos de produción que teñan como obxectivo a creación de produtos audiovisuais de calidade. A xefa de departamento do ciclo de produción e profesora encargada da coordinación dos proxectos, Diana Casanova, considera que “para un ciclo como este, poder levar a aula ao mundo real é o ideal e este tipo de prácticas permite que o alumnado se enfronte ao contexto e aprenda da experiencia sempre coa titorización e seguemento por parte do centro”.
Baixo esta premisa, os guións nacidos nas aulas e mais dos intereses dos creadores, contan con equipos multidisciplinares nos que non faltan colaboradores externos ao centro. Porén toda axuda é indispensable e, nos próximos días se porán a disposición do público, a través das súas redes sociais @sentenzacurtametraxe24 e @memoriadesoutelo, diferentes produtos de merchandising para aqueles que queiran colaborar, e están abertos á xestión de patrocinios de entidades e empresas interesadas nos proxectos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
SEGUIR SUMANDO
El Ourense CF quiere más ante el Arosa
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se lanza
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 4 de octubre?