ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
Ás 93 entidades da fase Pioneiros que estrearon dominio .gal o 25 de xullo, uníronse arredor de 850 máis con apelido galego en internet. As primeiras fases desta iniciativa pechanse así con preto de 1.000 páxinas co .gal que están activas dende o 2 de decembro. Ese mesmo día arrancou tamén a Fase Aberta, á que se poden adherir tanto empresas como institucións e particulares, espallando así o dominio galego a toda a sociedade. Estes datos foron feitos públicos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación polo reitor, Salustiano Mato, a directora do centro e directora xeral da Asociación PuntoGAL e Manuel González, presidente da mesma. Edita de Lorenzo explicou que a resposta obtida na segunda fase, con preto de 850 solicitudes, "cumpre as nosas expectativas e reflicte o interese tanto de empresas internacionais como Google ou Facebook, como de empresas galegas, administracións públicas e mesmo particulares que teñen web propia". E é que esta fase estivo deseñada para grupos con dereitos preferentes como, por exemplo, as entidades que promoven o galego, administracións públicas ou propietarios de marcas rexistradas que puideron solicitar o dominio .gal para as mesmas.
O presidente da Asociación PuntoGAL lembrou que ao abrirse a fase libre, na que calquera organización ou persoa pode solicitar o seu dominio, "chega a hora da verdade, é a hora de ser consecuentes coa nosa identidade, coa nosa historia, coa nosa realidade social, coa nosa vontade de seguir vivindo e permanecer no futuro".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
FESTA DO PAN DE CEA
Cea presume de tradición en la gran fiesta que exalta su pan
TEMPERATURA ELEVADA
Galería | El calor domina la Festa da Empanada de forquelhas de Entrimo
PASEO LITERARIO
Piñor rescata los veranos de Carmen Martín Gaite