SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
Cultura
Paneis interpretativos para pór de manifesto as conexións que distintas obras manteñen coa ciencia; reproducións de obras de arte; obras orixinais 3D de Manuel Díaz, e materiais para realizar un pequeno obradoiro nas visitas guiadas que teñan lugar durante os días de exposición, son os contidos básicos da mostra "Arte e Ciencia". A exposición foi inaugurada onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, sendo a primeira das actividades coas que a Secretaría Xeral abre o Mes da Ciencia en Galego, celebración que pretende poñer en valor o uso do idioma propio de Galicia no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida en galego.
Nesta exposición, promovida pola Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, prima a compoñente didáctica e divulgativa, tanto da ciencia coma da arte, e durante o tempo que se atope no Centro Cultural realizaranse visitas guiadas e talleres con escolares.
García Gómez agradeceu o traballo de Igaciencia para aproximar a investigación á sociedade sempre en galego, "co propósito de demostrar a total validez da lingua galega para a produción e a divulgación científicas", sinalou.
A Institución Galega de Ciencia é unha asociación que ten entre os seus fins concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia; achegar á sociedade a investigación; promover o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas, e tamén participar en actividades divulgativas que transcurran no eido científico.
A mostra conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, e estará aberta ata o 20 de outubro. O seu obxetivo é abordar como se relacionan entre si a ciencia, as matemáticas, a tecnoloxía, a arte e a vida. O aspecto é a presentación animada e un conxunto de paneis que mostran, paso a paso, o método compositivo do artista Juan Gris. Na mostra preséntanse múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción das obras de arte, pero tamén se fai explícita a influenza de diversas investigacións científicas como o contraste de cores ou a análise de símbolos en galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGURIDAD ANTE ROBOS
Cálices y cruces bajo llave: el Obispado de Ourense blinda su patrimonio
PRODUCTO INTERIOR BRUTO
El PIB ourensano crece por encima de la media nacional
INFORME AUTONÓMICO
A Saínza aspira a ser de interés turístico nacional
Lo último
EQUIPO RECALVI
Jorge Cagiao estrenará un Toyota Yaris en Utiel
INICIATIVA PARLAMENTARIA
Vox replica una PNL de 2022 para impulsar el español en Filipinas a través del Instituto Cervantes