DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 1 de febrero
UNHA MARCA ÚNICA
A marca Galicia Calidade xurdiu despois da plena identificación da Administración, as empresas e a sociedade co slogan dunha campaña publicitaria desenvolvida en 1991 pola Xunta de Galicia. Dende entón, a empresa pública certificou a calidade de máis de 170 empresas e 850 produtos dos sectores máis representativos da economía galega e ourensá, como a xoiaría, o turismo e a agroalimentación, entre outros.
O selo Galicia Calidade naceu para distinguir aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego sexan merecentes desta distinción, despois de contrastada a súa calidade mediante as auditorías de control. Ana Méndez, a actual directora-xerente de Galicia Calidade, sinala que “o importante é que se trata dun selo de garantía. É a única certificación a nivel nacional, e case atreveríame a dicir internacional, que ten un carácter multisectorial. Este selo supón que cada sector que se abre en Galicia Calidade ábrese cun prego de condicións específico. Galicia Calidade é o paraugas de todos os sectores da economía galega. Esta identificación comeza cunha auditoria á empresa que é necesario renovar e revisar anualmente. Algunha empresa chegou a perdelo polo que non se pode usar de calquera xeito. Axuntamos dous valores importantes, o certificado de que o produto é galego ao 100% e logo a calidade”.
Dezanove son as empresas de alimentación certificadas por Galicia Calidade en Ourense, en concreto Coren, Adega A Coroa, Augas de Cabreiroá, Adegas Campante, Adegas Nairoa, Adegas Ruchel, Confeitería Cerviño, Galega de Patacas, Gargalo, A Central Heladera, Legufrut Agro, Nor-Ibérica de Bebidas, Patacas Conde, Patacas Gándara, Queixos Feijóo, Quinta do Buble, Terriña Adegas e Viñedos e Viños Barco. Dezanove empresas ás que se suman outras sete dedicadas ao turismo e a gastronomía, Restaurante A Taberna, Restaurante Nova, Restaurante O Coto, Bar Tamarindo, Caldaria Lobios, Caldaria Laias e Caldaria Arnoia.
Subliña Méndez que “o prestixio de Galicia Calidade está fóra de toda dúbida, é un ‘marcón’, no só unha etiqueta ou un lema. O noso reto é seguir certificando a calidade ao 100%, impulsandola para seguir sendo a promoción de todos os sectores de Galicia. É unha marca que potencia a calidade que ten Galicia, por exemplo, a nivel turístico onde Galicia ten un potencial enorme e onde queremos que veña un turismo desestacionalizado e que consuma o produto galego”. Como marca de calidade certificada, é un compromiso cos clientes ou usuarios que garante que estes produtos e servizos contan cos requisitos prometidos e poden ser consumidos con total confianza.
O maior número de certificacións é para as empresas dos sectores agroalimentario e turístico
O maior número de certificacións é para as empresas dos sectores agroalimentarios e o turístico. Ana Méndez sinala que hai sectores que custa un pouco máis certificar. Por exemplo, nós queremos abrirnos máis ao sector da moda aínda que é certo que é un sector que perdeu moitos dos seus pequenos talleres.
A xerente de Galicia Calidade conclúe afirmando que “estamos fronte unha marca moi potente que leva en si a palabra Galicia e que está a axudar moito ás empresas en materia de exportación. A marca fai que Galicia sexa coñecida pola súa calidade”.
Galicia Calidade tamén representa a aposta da Administración galega pola innovación, a sustentabilidade e a competitividade nos mercados internacionais máis esixentes, xa que contribúe a xerar valores intanxibles para as empresas e os produtos certificados con este selo.
Como sociedade pública, Galicia Calidade, S.A.U. esíxelles ás empresas que apliquen os máis estritos controis de calidade para garantir a calidade dos seus produtos e certifica o seu cumprimento con auditorías propias periódicas.
O Consello da Xunta aprobou o plan Galicia Calidade Estratexia 2022-2025 para converter a este selo de garantía na imaxe global da economía galega, para incrementar o impacto das empresas e os produtos galegos nos mercados exteriores. O plan recolle unha serie de medidas para impulsar a competitividade do tecido empresarial, apostar pola innovación para crear valor cos produtos e servizos das empresas galegas e potenciar a proxección empresarial no exterior a través dos produtos elaborados na comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 1 de febrero
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XIV)
Galería | Por favor no moleste
SE QUEDARON SIN LUZ
La caída de un eucalipto daña una casa en Barrocás
Lo último