UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
literatura
Celia Pereira presenta este serán unha obra que para ela supón moito. Participou na edición en galego de "O meu pecado mortal. O voto feminino e máis eu", publicación en castelán de Clara Campoamor que viu a luz en xuño de 1936. Con motivo do 88º aniversario da aprobación do sufraxio feminino, Pereira presenta esta edición de Galaxia na casa de Otero Pedrayo, en Trasalba a las 20,30 horas. "Esto ten un sentido porque él estivo presente no intento de non facer efectivo o sufraxio feminino o 1 de decembro de 1931 e votou a favor das mulleres", conta a editora.
No prólogo que redactou esta avogada, recolle a situación vivida nos tempos de Campoamor na II República dende unha contextualización galega. "O 1 de decembro catro galeguistas votaron a favor do sufraxio feminino, outros como Basilio Nóvoa Santos ou Laureano Gómez Paratcha eran contrarios. Todo refléxase no libro", sinala Celia Pereira.
A historia de Clara Campoamor nestas páxinas recolle moito más que datos autobigráficos. "Conta moitas cousas, é unha reivindicación do seu traballo, dunha muller con moita determinación", comenta a editora, que describe a Clara Campoamor como "muller dun gran talento, tesón e valente". Nestas páxinas recóllese todo o que supuxo para Campoamor a loita polos dereitos das mulleres tanto na súa vida pública como privada."O seu enfrontamento con Victoria Kent foi motivo de escarnio, que se sumou ás ameazas constantes", destaca Pereira.
A idea de traducir esta obra ao galego naceu en Pereira no 2001 cando atopou o libro en Granada, xa que non estaba dispoñible. "Érame inconcebible que un libro tan potente e infrecuente non estivese publicado en galego", afirma.
Figura clave da loita pola igualdade
Celia Pereira, que exerce como avogada, de sempre defendeu as causas inxustas. "Por esto me decidín a estudar Dereito e encontreime coa paradoxa de que moitas cousas recóllense e non se cumpren, como a igualdade salarial", comenta Pereira. A loita polos dereitos das mulleres levárona a Clara Campoamor, unha figura clave para o feminismo. "Era unha muller moi culta que conta con moitas recopilacións de artigos ideolóxicos, é imposible non seguila", sinala a avogada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense