ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
O grupo municipal do BNG advertiu onte que os expedientes de modificación de crédito 22 e 23P/2023 foron aprobados pola xunta de goberno local do Concello de Ourense pese ás advertencias do oficial maior accidental sobre a súa “posible ilegalidae”. Así se desprende da acta da Xunta de Goberno Local do pasado día 27 de novembro e onde o oficial maior accidental advertiu que os expedientes estaban incompletos, ao carecer do informe da intervención municipal e que, polo tanto, subliñou “o acordo que se adopte pode ser nulo de pleno dereito ou anulable”. Pese a estas advertencias, os membros da xunta de goberno local decidiron aprobar os dous expedientes, que, posteriormente, foron tumbados pola oposición no pleno.
Para o portavoz municipal do BNG, Luis Seara, a acta “é tremendamente reveladora e desmonta todo o argumentario de Jácome de querer victimizarse e de pretender establecer unha especie de contubernio entre o interventor e a oposición”, e engade, “xa non é que sexa a intervención municipal a que advirta das irregularidades, ou que o denunciemos desde o BNG negándonos ademais a ser partícipes, senón que os membros do goberno local e o alcalde lde sabían que o que estaban aprobando non se axustaba a dereito e aínda así decidiron continuar”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último