Guillerme Vázquez, de xira polo Ribeiro
O portavoz xeral do BNG, Guillerme Vázquez, estivo onte en Ribadavia, onde visitou o viveiro de empresas impulsado dende a concellalía de Promoción Económica que dirixe o concelleiro nacionalista,Emilio Cuíñas.
Acompañado por Anxo Collarte, candidato á alcaldía, así como por outros candidatos da comarca como Xurxo Rodríguez, de Castrelo de Miño, ou Almudena Valiñas, de Avión, o líder nacionalista coñeceu de primeira man a iniciativa e destacou a relevancia deste tipo de accións nunha situación como a actual na que a Xunta consegue coa súa actuación colocarnos en cifras de parados históricas, de 250.000 persoas desempregadas e con milleiros de mozos e mozas que emigran do país. Vázquez engadiu que asumimos responsabilidades para combater a crise e o paro. Sabemos que nos concellos temos competencias limitadas, pero podemos cooperar na medida das nosas posibilidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
El Ourense CF no fue capaz de sumar en Llanera (2-0)
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Una temporada feliz
DOMINIO EN LA CANCHA
Carlos Alcaraz conquista su primera Copa de Maestros tras arrollar a Zverev en Turín