"Os idiomas son un plus para diferenciarte e as oportunidades boas hai que collelas"

educación

Andrea Estévez é a primeira alumna do Campus con dobre grado internacional

Andrea Estévez, na facultade de Empresariais (MIGUEL ÁNGEL).
Andrea Estévez, na facultade de Empresariais (MIGUEL ÁNGEL).

Este martes foi unha mañá especial para Andrea Estévez Madarnás. Non tódolos días tes a varios responsables de dúas universidades europeas alabando os teus logros académicos. A UVigo e a alemá University of Applied Sciences Bremerhaven. "How are you?", bromea con ela o seu titor do Traballo de Fin de Grado nos pasillos da facultade de Empresarias. Esta rapaza de As Maravillas (Cartelle) recibiu un diploma coma a primeira alumna que acada o título do dobre grao en Administración e Dirección de Empresas polas dúas institucións académicas mencionadas. Unha ponte internacional que se estendeu dende a facultade de Empresarias e Turismo no 2015. "Este proyecto de internacionalización es un plus más para la idea de nuestro centro, queremos acercanos más al empresariado y que los alumnos tengan facilidad de entrar al mercado laboral", explica a decana desta facultade, Elena Rivo. E precisamente Andrea Estévez, a primeira egresada desta titulación, xa ten un posto de traballo.

Esperaba incorporarse tan rápido ao mercado laboral?

Non, non. Pero a outra rapaza que estudou comigo este doble grao (gradúase en xuño) xa estaba traballando en Aceites Abril. Recomendoume e contactaron comigo.

Que fai na empresa?

Empecei fai uns días no departamento de exportación. Cunha bolsa da Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga), como empeza todo o mundo. Máis adiante o obxectivo é ir a feiras e eventos internacionais.

Cre que a universidade está conectada co tecido empresarial? Que aprendeu estudando?

Creo que si. Nas clases sempre facíamos casos prácticos con empresas da provincia ou de fóra.

Cal é o seu plus?

Os idiomas. Encántame viaxar. Cando hai estas oportunidades, hai que collelas. E esta era moi boa para diferenciarte. Coñeces xente de moitos países diferentes, non medrei só académicamente, senón persoalmente. Aprendes a lidiar con outras culturas.

Contenido patrocinado

stats