La Región
Y después, ¿qué?
O pasado mércores, 27, celebrouse un encontro no Mosteiro de Santo Estebo co título “Ribeira Sacra Patrimonio con futuro” o que asistín como representante de Apartamentos Ribeira Sacra.
Teño que dicir que foi moi proveitoso e tódolos participantes, sobre todo os que tiñan unha experiencia propia emprendedora na zona, aportaron a súa experiencia dunha forma moi interesante, concreta e sinxela que permitiu entender mellor as grandes posibilidades da Ribeira Sacra. Os diferentes políticos asistentes tamén mostraron unhas boas formas e unha unión imprescindible para superar os retos que se presentan.
O presidente da Deputación de Ourense, don Luis Menor, falou da masificación que efectivamente no futuro pode ser un problema senón se atalla con intelixencia e coa experiencia do que pasa noutros lugares, aínda que houbo un tema que me decepcionou: fixo unha proposta de crear unha especie de centro para a distribución de turistas en Pereiro de Aguiar, de onde precisamente el é Alcalde. Para evitar esa masificación os turistas terían que chegar no seu coche ata un lugar de Pereiro e dende alí se distribuirían en autobuses pola Ribeira Sacra. Isto non ten lóxica nin fundamento, e non parece que esté o máis minimamente pensado: Primeiro, porque Pereiro de Aguiar está situado nun extremo da Ribeira Sacra, -de feito, non teño moi claro porque pertence á propia Ribeira Sacra-. Segundo, por exemplo a Parada de Sil, -que é o corazón da Ribeira Sacra ourensán-, practicamente tódolos turistas españois e da provincia de Lugo entran por Xinzo-Maceda e Castro Caldelas-Monforte, polo que habería que obrigalos a dar unha volta grande ata Pereiro de Aguiar. Terceiro, a Ribeira Sacra aínda non está masificada nin moito menos, hai puntos que certos dias do ano xeran problemas e nalgúns xa se buscaron solucións como levar á xente dende Monforte e Castro Caldelas en buses ata o embarcadoiro de Doade, ou en Parada ata o Mosteiro de Santa Cristina, que tiña que ampliarse para ós Balcóns de Madrid igual que para outros lugares. E cuarto, facer ese Centro sería un malgasto enorme, pois xa existe unha estación intermodal en Ourense, que está preto de Pereiro e que xa fai esa función, alí moitos turistas -que veñen no AVE-, alugan un coche para percorrer a Ribeira Sacra, e non estaría demais que as administracións facilitaran que dende alí sairán máis autobuses para toda a Ribeira Sacra.
Se como parece, a Deputación dispón de cartos, podería, por exemplo, axudar a incrementar esas liñas de autobuses, mellorar o firme das estradas da súa competencia, -que son as peores de España-, sen estragar o entorno, facer unha boa sinalización na Ribeira Sacra, axudar a eliminar o porco bravo, que tanto dano lle fai os agricultores. e sobre todo encargar un estudio serio, a técnicos con experiencia e verdadeiros coñecedores de zonas turísticas moi masificadas, para facer viable un turismo sostible, -que na Ribeira Sacra, e en todas partes, é fundamental-, coa vida da xente no rural, que sen ela tampouco habería turismo.
Xosé-Bieito Coello Coello (Parada de Sil)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AUMENTO DEL PROFESORADO
La Xunta convocará 1.500 plazas en las oposiciones de educación en 2027
COMPRAS DE PROXIMIDAD
Vuelve el Bono Activa Comercio: cuándo descargarlo y cómo aprovechar los descuentos