RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Crónica
Os veciños do Alto da Cuña quedaron sorprendidos o pasado luns ao descubrir unha columna de fume ao carón dunha nave situada nun solar entre as rúa da Marquesa e o camiño do Arrodeo. Efectivos dos Bombeiros de Ourense e da Policía Local acudiron á orixe das lapas, un remolque de feira convertida en almacén que finalmente non puido salvarse e rematou completamente carbonizada.
O propietario da estrutura, Adrián Conde, atopábase traballando na Coruña no momento en que as autoridades o chamou para notificarlle da súa perda e tomarlle os datos: “Recibes unha chamada da Policía e levas un susto de carallo”.
Conde, feirante itinerante, volveu o martes á tarde coa súa familia á súa vivenda no Alto da Cuña para descubrir que non só perdera o almacén neste “desastre”, senón todo o que tiña gardado no seu interior, un conxelador, un forno, un aire acondicionado e roupa, entre outras posesións. “Non hai arranxo, hai que recollelo e limpalo todo o mellor posible, que non queda nada que aproveitar”, lamenta.
O pouco alivio que ten Conde é que o incendio non fose a máis: as lapas puideron queimar a nave e a caseta colindantes, ou, no peor dos casos, o tráiler onde vive, a poucos metros dos restos calcinados.
Conde sinala que a chispa que iniciou o lume non puido deberse a un curtocircuito, xa que este almacén non estaba conectado á rede eléctrica. Así, mentres non teña máis información, sospeita dunha posible intencionalidade, aínda non sospeita de ninguén: “Sería unha persoa que non tiña nada que facer e aburríase”.
Como el, moitos dos seus veciños son feirantes que, entre os meses de maio e outubro, viaxan a diferentes localidades cos seus postos e atraccións e, por tanto, nese medio ano pasan pouco tempo no Alto da Cuña. Con mes e medio de traballo por diante, Conde teme que o posible intruso poida volver prender as súas propiedades aproveitando a súa ausencia: “Intentaremos estar atentos; imaxínate que volve pasar mentres estamos fóra, non sabes que pode pasar”.
Os habitantes da zona non viron nada sospeitoso o día dos feitos, pero apuntan que están a suceder roubos en vivendas. “Entraron na casa de varios compañeiros meus e nunha ocasión arrincaran a cámara de seguridade, sabían ao que viñan”, comenta Conde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología