REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
UNIVERSITAS
En xuño de 2013, cinco investigadores e investigadoras sénior protagonizaban o primeiro seminario científico organizado polo Instituto de Investigación Biomédica (IBI) no marco do Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas (Biocaps). Trátase de expertos de recoñecida traxectoria que se incorporaban ao instituto grazas a este programa para contribuír ás súas liñas de investigación, aos que uns meses despois se uniron outros dous científicos sénior. Ano e medio despois, volven ser protagonistas, esta vez do décimo seminario, para presentar os avances que lograron até o momento no marco de Biocaps.
O evento terá lugar o 25 de febreiro na Facultade de Ciencias do Campus de Vigo en horario de mañá e estará aberto, previa inscrición, a todos os investigadores e investigadoras biomédicos, especialmente aos interesados en atopar socios para proxectos de I+D ou en establecer colaboracións co IBI. A apertura do seminario estará a cargo do director científico do instituto, José Ramón Fernández Lorenzo.
Segundo a coordinadora de Biocaps, África González, "os sete investigadores sénior están a levar a cabo un traballo de gran calidade", con diversas publicacións en revistas científicas internacionais e cinco solicitudes de proxectos lanzadas a convocatorias europeas e 18 a entidades privadas e nacionais, ao que se suman novas colaboracións con investigadores tanto do IBI como doutros centros. "Isto está a permitir unha maior cooperación entre os grupos básicos e clínicos, por iso é crucial conseguir que estes científicos poidan estabilizarse e constituír grupos estables de investigación no IBI", engade.
Avaliación anual
O próximo 5 de marzo terá lugar a reunión anual do comité de avaliación externa de Biocaps para analizar a evolución do proxecto. Un dos seus membros, Andrew McKenzie, director da división de proteínas e ácidos nucleicos do Laboratorio de Bioloxía Molecu ar de Cambridge, celebrará o día antes un encontro con científicos e científicas do IBI para explorar novas colaboracións.
O Laboratorio, pertencente ao Consello de Investigacións Médicas do Reino Unido (Medical Research Council - MRC), é un dos centros titores de Biocaps. Trátase dun dos centros de orixe da bioloxía molecular moderna e dos seus laboratorios saíron 15 Premios Nobel e un Premio Príncipe de Asturias (Gregory Winter, 2012).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
OFERTA RÉCORD A NIVEL ESTATAL
El CHUO gana seis plazas MIR, Ourense llegará a las 57 el año que viene
Lo último
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán
SIN RIESGO DE TSUNAMI
Registrado un terremoto de magnitud 7,2 en el sur de Perú
EQUIPO DE RESPUESTA
Corea del Norte lanza una decena de misiles balísticos hacia el mar de Japón